ESTAS FESTAS DE DECEMBRO SON MOI PROPICIAS PARA QUE APAREZAN DIVERSOS PERSONAXES.
UN DOS TÍPICOS É O PANDIGUEIRO OU APALPADOR.
O ANO PASADO ESTIVO NO CENTRO VISITÁNDONOS. NÓS PREGUNTÁMONOS SE VOLVERÁ.
MENTRES TANTO IMOS INVENTAR HISTORIAS SOBRE EL.
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE, ONDE AS SÚAS MASCOTAS DENDE PRIMEIRO VEÑEN COMENTANDO AS SÚAS DÚBIDAS,PÁXINAS FAVORITAS, APRENDIZAXES, XOGOS, TAREFAS, NOVAS,... E ADEMAIS VAN POÑENDO FOTOS,...
15 diciembre 2015
04 diciembre 2015
CONSTITUCIÓN E DEREITOS
TRABALLAMOS SOBRE A CONSTITUCIÓN NAS DATAS DO SEU ANIVERSARIO.
VERIFICAMOS QUE RECOLLE DEREITOS DE TODAS AS ESPAÑOLAS E TODOS OS ESPAÑOIS. UN DESES DEREITOS É
DEREITO A NON SUFRIR DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE RAZA, SEXO, RELIXIÓN,...
ISO FÍXENOS REFLEXIONAR UN CHISCO MÁIS SOBRE TODO O QUE LEVAMOS LENDO NOS XORNAIS DURANTE ESTE CURSO... E COMO A ALGUNHAS PERSOAS NON SE LLES OBSERVA ESE DEREITO TAN IMPORTANTE...
TEMOS DEREITO A SER DIFERENTES E A QUE SE RESPECTEN ESAS DIFERENZAS

26 noviembre 2015
FACER TARXETAS ORIXINAIS
É COSTUME NAS FESTAS DE DECEMBRO FELICITAR ÁS AMIZADES E FAMILIAS
AS NOSAS MASCOTAS TEÑEN PROBLEMAS PARA REMITIR TANTAS POSTAIS DE FELICITACIÓN.
POR ISO ESTES DÍAS DEIXARON NA NOSA CLASE UNHA CARTA SOLICITANDO AXUDA.
XA VOS CONTAREMOS COMO QUEDAN ESAS POSTAIS.
AS NOSAS MASCOTAS TEÑEN PROBLEMAS PARA REMITIR TANTAS POSTAIS DE FELICITACIÓN.
POR ISO ESTES DÍAS DEIXARON NA NOSA CLASE UNHA CARTA SOLICITANDO AXUDA.
XA VOS CONTAREMOS COMO QUEDAN ESAS POSTAIS.

23 noviembre 2015
NON AO MALTRATO DE XÉNERO
NESTA SEMANA TRABALLAMOS CON DIVERSOS TEXTOS (CONTOS, POEMAS, NOTICIAS,...).
SERVEN PARA QUE REFLEXIONEMOS SOBRE A DESIGUALDADE, A DISCRIMINACIÓN E O MALTRATO DE XÉNERO.
NA CASA TAMÉN PODEMOS CONVERSAR SOBRE ESTAS TEMÁTICAS E LER CONXUNTAMENTE OS TEXTOS (TÉMOLOS RECOLLIDOS NO BLOG DE VALORES)

27 octubre 2015
COLABORAMOS CO ALUMNADO DE INFANTIL DE CATRO ANOS
ANTÍO PEDÍRANOS TUNEAR TROMPOS CON CORES DE OUTONO...
TRABALLAMOS SOBRE AS CORES E PLANIFICAMOS COMO ADORNAR TROMPOS...
HOXE FOMOS ÁS CLASES DE INFANTIL DE CATRO ANOS E ADORNAMOS TROMPOS POR PARELLAS: UNHA NENA OU UN NENO DE INFANTIL E UNHA OU UN DE NÓS.
FOI UNHA EXPERIENCIA INCRIBLE!
COMO BASE EMPREGAMOS AS CORES DO OUTONO, AÍNDA QUE ALGÚNS E ALGUNHAS DECIDIMOS ENGADIR ALGO DE PURPURINA OU MESMO OUTRAS CORES. PROXIMAMENTE COS TROMPOS FAREMOS UNHA EXPOSICIÓN CO GALLO DO MAGOSTO.

19 octubre 2015
SEGUINDO COA INVESTIGACIÓN SOBRE O UNIVERSO...
ESTES DÍAS TRABALLAMOS SOBRE O SISTEMA SOLAR E A TERRA.
ELABORAMOS MAQUETAS SOBRE O SISTEMA SOLAR.
MONTAMOS UNHA MINIEXPOSICIÓN.
VELAQUÍ OS RESULTADOS.
ELABORAMOS MAQUETAS SOBRE O SISTEMA SOLAR.
MONTAMOS UNHA MINIEXPOSICIÓN.
VELAQUÍ OS RESULTADOS.
06 octubre 2015
UNHA PROPOSTA DE ANTÍO
02 octubre 2015
E FALANDO DE NÚMEROS
ANDAMOS NA AULA TRABALLANDO COS NÚMEROS, NÚMEROS LONGOS, LONGOS...
TAMÉN REPASAMOS OS NÚMEROS ROMANOS.
TAMÉN REPASAMOS OS NÚMEROS ROMANOS.
30 septiembre 2015
INVESTIGAMOS SOBRE O UNIVERSO
LEMOS SOBRE UNHA MÁQUINA DO TEMPO...
AVERIGUAMOS SOBRE A CREACIÓN DO UNIVERSO... QUE DE ANOS! VAIA NÚMERO TAN LONGO!
INVESTIGAMOS SOBRE A IDADE DA TERRA... ELA TAMPOUCO SE QUEDA ATRÁS... QUE VELLIÑA É! QUE DE NÚMEROS PARA POÑER A SÚA IDADE!

07 septiembre 2015
COMEZAMOS O CURSO 2015-2016

NESTA SEMANA COMEZAMOS UN NOVO CURSO.
O DÍA 10 VERÉMOSNOS EN NOVAS AULAS!
SEGURO QUE AS NOSAS MASCOTAS XA COÑECEN A CLASE E XA ESTIVERON POR ALÍ FACENDO UNHA VISITIÑA? COMO LLES IRÍA NO VERÁN?
19 junio 2015
REMATAMOS O 2º CICLO!
HOXE REMATAMOS AS CLASES.
REMATOU UN CURSO MÁIS NO QUE APRENDEMOS MOITO.
O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS EN 5º!
VÉMONOS ALÍ!
REMATOU UN CURSO MÁIS NO QUE APRENDEMOS MOITO.
O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS EN 5º!
VÉMONOS ALÍ!
SEGUIR APRENDENDO NAS VACACIÓNS
NAS VACACIÓNS TAMÉN APRENDEMOS:
- APRENDEMOS CANDO XOGAMOS
- APRENDEMOS CANDO VISITAMOS UN SITIO NOVO
- APRENDEMOS CANDO LEMOS
- ...
15 junio 2015
CORPOS XEOMÉTRICOS.
Agora que estamos familiarizados coas figuras planas, retomamos a información traballada no curso pasado e traballamos con poliedros e corpos redondos.
Recordamos...
Manipulamos...
Buscamos información...libros, xogos, internet
Recordamos...
Manipulamos...
Buscamos información...libros, xogos, internet
12 junio 2015
VISITAMOS AS AULAS DE 5º

Explicáronnos as dificultades atopadas e como rapidamente aprenderon a manexarse coa teconoloxía, practicamos algunha que outra cousiña, houbo que cargar un portátil que quedou sen batería, fixemos selfies que despois gardamos, abrimos algunha "carpetiña", preguntamos, escoitamos, compartimos...e ao final intercambiamos agasallos.
04 junio 2015
ATLAS INTERACTIVO DE AMÉRICA, ESPAÑA E PORTUGAL
Estes días que traballamos XEOGRAFÍA atopamos un atlas interactivo cos territorios
de América, España e Portugal. Está elaborado polo Ministerio de
Fomento en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional.
É unha aplicación dixital, dividida en catro módulos de
estudo: o Universo, a Terra, Cartografía e o teu país.
En cada un destes módulos podemos traballar diferentes contidos e navegar para averiguar máis información de cada un dos apartados.
No módulo de CARTOGRAFÍA, por exemplo, pódese traballar coas escalas dun mapa, os tipos
de mapa que existen, o funcionamento dos GPS e o mesmo tempo traballar e xogar coa información.
Estes días interésanos a organización territorial, que está no módulo 4. Eleximos
un mapa dixital o un territorio do que queiramos obter máis información, por exemplo España, e aparecerá unha ventá como a da imaxe con datos sobre o clima, a poboación, o relevo, o medio natural...
ANIMÁDEVOS A NAVEGAR CON ESTE ATLAS INTERACTIVO
03 junio 2015
O RELEVO DE ESPAÑA
Podemos comezar clicando a imaxe para visionar un pequeno video de como son os sistemas montañosos de España:
28 mayo 2015
MAPAS INTERACTIVOS: GALICIA-ESPAÑA
No seguinte enlace podemos atopar diferentes xogos didácticos con mapas interactivos para aprender XEOGRAFÍA:
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm
Estes días comezamos repasando mapas de España e Galicia. Clicando en cada imaxe entraremos diectamente na actividade:
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm
Estes días comezamos repasando mapas de España e Galicia. Clicando en cada imaxe entraremos diectamente na actividade:
REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS
Estes días comentamos a información aparecida nos xornais e na televisión sobre as eleccións municipais celebradas o pasado domingo. Eso levounos a interpretar as diferentes gráficas que representan os resultados. Buscamos máis información nos libros de texto, nos xornais e na internet...
Clicando na imaxe podemos traballar estas representacións e resolver moitos e variados problemiñas:
Clicando na imaxe podemos traballar estas representacións e resolver moitos e variados problemiñas:
![]() |
PROBLEMAS CON GRÁFICAS |
SUPERFICIES PLANAS
27 mayo 2015
SAÍDA A CAMPO LAMEIRO

Estivemos organizados en dous grupos de traballo dirixidos polas monitoras Elena e Beatriz que axudáronnos a participar en tódalas actividades.
Foi unha saída moi entretida como dan conta as seguintes imaxes:
22 mayo 2015
PREHISTORIA
Comezamos o noso percorrido desde os tempos máis remotos...
![]() |
Clica na imaxe para visionar un video explicativo sobre a PREHISTORIA |
![]() | |
Clica na imaxe para escoitar o conto CROMAÑÓN |
21 mayo 2015
HISTORIA DA HUMANIDADE EN DOUS MINUTOS
Hoxe no cole visionamos un video moi curioso e recomendable.
En só dous minutos de duración pódese contemplar a historia do mundo recollida nunha serie de impactantes e vertixinosas fotografías que aparecen ao ritmo do inquitante tema musical Mind Heist (Zack Hemsey).
Desde a formación da galaxia, pasando pola evolución das diferentes especies da Terra, ata a fin do mundo.
Clicando na imaxe podedes gozar desta "viaxe" pola historia:
20 mayo 2015
UNHA VISITA ESPECIAL: FERNANDO FILGUEIRA
HOXE VISITOUNOS NO COLEXIO FERNANDO FILGUEIRA, O FILLO DE FILGUEIRA VALVERDE.
FALOUNOS DO SEU PAI E RESPONDEU A MOITAS DAS NOSAS PREGUNTAS.
FOI UNHA SESIÓN MOI INTERESANTE.
FALOUNOS DO SEU PAI E RESPONDEU A MOITAS DAS NOSAS PREGUNTAS.
FOI UNHA SESIÓN MOI INTERESANTE.
19 mayo 2015
LEMBRADES QUE ESTABAMOS PRESENTANDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS?
HAI VARIAS SEMANAS QUE COMEZAMOS A PRESENTAR Á CLASE OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
AGORA QUEREMOS PRESENTÁRVOLOS A VÓS.
VELAQUÍ A NOSA PRESENTACIÓN COLECTIVA,
ÁNIMO! A LELOS TODOS!
AGORA QUEREMOS PRESENTÁRVOLOS A VÓS.
VELAQUÍ A NOSA PRESENTACIÓN COLECTIVA,
ÁNIMO! A LELOS TODOS!
14 mayo 2015
08 mayo 2015
TRABALLAMOS AO REDOR DE FILGUEIRA VALVERDE
FILGUEIRA VALVERDE É PONTEVEDRÉS.
ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE A SÚA VIDA E A SÚA OBRA.
CON TODO O INVESTIGADO ELABORAREMOS UN MURAL CO RESTO DO COLEXIO.
ADEMAIS ELABORAMOS POEMAS PARA O CERTAME DE POESÍAS DO COLE... NUNS DÍAS TEREMOS AS LECTURAS.
AH! ESQUECÍA DICIRVOS QUE TAMÉN ESTE ANO TEREMOS UNHA ACTUACIÓN PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

06 mayo 2015
EDUCACIÓN VIARIA NO COLE
A semana do 4 ao 10 de maio conmemórase a III SEMANA MUNDIAL PARA A SEGURIDADE VIAL
promovida pola ONU.
Esta campaña vai dirixida á protección das nenas e dos nenos e busca mellorar a seguridade de todas e todos nós. Desde o cole e
coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico temos previstas varias
actividades para mellorar a nosa educación viaria: comportamento na vía pública como peóns e como conductoras e conductores de vehículos (bicis, karts), medidas de seguridade, normas de circulación e sinais de tráfico...
Participamos nunha charla formativa na biblioteca do centro, un circuito de karts montado no patio para practicar e unha sesión na aula de informática para traballar cuns xogos de educación vial.
Participamos nunha charla formativa na biblioteca do centro, un circuito de karts montado no patio para practicar e unha sesión na aula de informática para traballar cuns xogos de educación vial.
Mércores 6 de maio. GRUPO DE 4ºA
Xoves 7 de maio. GRUPO DE 4ºB
30 abril 2015
MUSEO MEIRANDE
Tamén visitamos o Museo Meirande, preto da ponte de Rande, na ensenada de S. Simón. Este pequeno museo é centro de interpretación da Batalla de Rande de 1702 e do patrimonio industrial, está construído sobre unha antiga conserveira situada a 12 metros dun dos pecios afundidos neste histórico combate no que participaron catro
nacións europeas (España, Francia, Inglaterra y Holanda) na Guerra
de Sucesión española (1701-1713).
Gozamos da súa fermosa localización exterior a pesar do día nuboso e comentamos con sorpresa que ben víamos a ponte e que diferente a pasala pola autoestrada.
Xa no museo e acompañados do "Capitán Jacobo", guía moi simpático que rapidamente sintonizou con todo o mundo, observamos varias maquetas dos galeóns da época e reproduccións dos camarotes e cañóns para poder imaxinar como eran "as cousas" por aquel tempo...
Sobre a existencia ou non de tesouros, falaba tamén a novela de Julio Verne "Vinte mil leguas de viaxe submariña", a versión histórica di cos metais preciosos foron
descargados antes do ataque naval e foron enviados a Lugo en carros de
bois. A saber!!!
Asi que falamos tamén de América, das mercancías de ultramar, tesouros, piratas, submarinismo...e o do comandante Cousteau.
Rematamos co visionado dun corto sobre a Batalla de Rande que recrea o asalto e a queima dos navíos en Rande.
O tempo chegounos a pouco, o autobús esperaba para voltar ao cole e agora quedan os recordos dunha visita moi interesante:
MUSEO DO MAR

Nas seguintes reportaxes gráficas recollemos unha mostra de imaxes que nos axuden a recordar toda a información recibida e poder intercambiala entre os dous gurpos formados.
Obradoiro sobre o percorrido histórico da conquista dos mares:
Obradoiro sobre o mundo submariño:
28 abril 2015
E TRABALLAMOS AO REDOR DA PRENSA
DESPOIS DE TRABALLAR SOBRE O LIBRO E CELEBRAR O SEU DÍA CON MOITAS ACTIVIDADES, AGORA TÓCANOS TRABALLAR COA PRENSA.
NO CENTRO HAI PREPARADAS MOITAS ACTIVIDADES...
LAMPI PEDIUNOS QUE LLE ESCOLMEMOS NO XORNAL UNHA NOVA DE ACTUALIDADE E QUE LLA REMITAMOS Á BIBLIOTECA... QUE QUERERÁ FACER CON ELA?
NO CENTRO HAI PREPARADAS MOITAS ACTIVIDADES...
LAMPI PEDIUNOS QUE LLE ESCOLMEMOS NO XORNAL UNHA NOVA DE ACTUALIDADE E QUE LLA REMITAMOS Á BIBLIOTECA... QUE QUERERÁ FACER CON ELA?
DA OVELLA Á MADEIXA
Volvemos ao Sagueiral na parroquia de Bora para participar dunha actividade coordinada por Anias [Xestión e formación sociocultural], coa colaboración da Comunidade de Montes do Salgueiral e o Concello de Pontevedra, .
As visitas á aldea do Salgueiral realizáronse o luns 21 de abril co grupo de 4º A e o martes 28 de abril co grupo de 4ºB.
Este ano a actividade achegounos ao proceso artesanal da lá:
-Rapa dunha ovella.
-Lavado e cardado da lá.
-Mostra das ferramentas de fiar (fuso, roca).
-Proceso de tinguido natural.
-O tear.
O noso percorrido, no que fomos guiados coa simpatía e co entusiasmo de Viki e Manu, levounos por varias
fincas e casas de veciñas e veciños que amosaron moito cariño, dedicación e
paciencia para achegarnos información e facernos partícipes dun modo de vida que se nos fai moi alonxado no tempo, pero que forma parte das nosas raíces, da nosa cultura e tradición.
Recordamos anécdotas e aprendizaxes da visita do curso pasado. Estivemos coa Sra. Laura e o seu xenro, o Sr. Basilio e o Sr. Evangelino, ademais de utilizar o eirado da casa dos De Simón.
A experiencia resultou, un ano máis, xenial e desde este blog queremos agradecer o esforzo, o tempo e a dedicación que nos amosaron e dicirlles que non os imos esquecer.
A continuación, a reportaxe gráfica das dúas sesións:

27 abril 2015
OBRADOIRO DE DOBRAXE
Hoxe estiveron no colexio Suso Pando e Manuel Pombal (FMEC Producións) para facer connosco un obradoiro de dobraxe. A finalidade desta actividade é contribuír a mellorar a nosa competencia oral en lingua galega dun xeito lúdico e divertido.
Primeiro, os dous actores amosaron os pasos da elaboración dunha película, dende a creación do guión ata a dobraxe mesma, utilizando monicreques a través dun xogo dramático.
Logo,
sen abandonar o ton lúdico e teatral, presentaron os personaxes
dun “mini capítulo” de Bob Esponxa que tiñamos que dobrar ao
galego.
Ensaiamos entre todas e todos o fragmento da curta, aprendendo a encaixar as nosas voces nas bocas dos personaxes.
Finalmente fixemos as gravacións coas nosas propias voces e comprobamos os resultados.
Esta actividade foi posible coa colaboración da Concellería de Educación do noso concello.
Achegámonos ao apaixoante mundo do cine e a dobraxe, estivemos moi atentas e atentos, ademais participamos con entusiasmo.
O fragmento dobrado polas dúas clases de 4º esperamos podelo compartir pronto neste mesmo blog.
23 abril 2015
VISITA DO CONTACONTOS IAGO LÓPEZ
Hoxe, día 24 de abril, DÍA DO LIBRO e por xentileza da editorial SM recibimos a visita do contacontos Iago López. Falamos do libro "Se vende mejor amigo" que estamos a traballar neste trimeste e fixemos moitos xogos de animación lectora con personaxes do libro. Foi moi entretido, pasóusenos o tempo voando...mirade como gozamos nas seguintes fotos:
17 abril 2015
E NESTE ANO QUE É ANO DA LUZ...
Como evolucionou o feito de alumear?
Tiveron os seres humanos sempre luz?
Este ano, ano da luz, imos traballar sobre aspectos relacionados con ela...
A ELECTRICIDADE!
Ata pode ser que fagamos experimentos!

15 abril 2015
CHEGA O 23 DE ABRIL
NO COLEXIO ESTAMOS A PREPARAR A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO CON VARIAS ACTIVIDADES.
ALGUNHAS DELAS SON:
- PRESENTACIÓN DO NOSO LIBRO FAVORITO CO OBXECTIVO DE ANIMAR ÁS COMPAÑEIRAS E AOS COMPAÑEIROS QUE O LEAN E TAMÉN PARA QUE NOS COÑEZAN MELLOR E POIDAMOS PRACTICAR EXPRESIÓN ORAL.
- TRABALLAR SOBRE O LIBRO, O SEU CARNÉ, OS ARTILUXIOS QUE SE XERAN AO REDOR DEL
- COMENTAR POR QUE SE CELEBRA O 23 DE ABRIL
- TRABALLAR SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA CUME
-...

23 marzo 2015
STAR TRIP
Dentro dos espectáculos promovidos pola organización do Salón do Libro está tamén o teatro. Este ano con temáticas relacionadas coa ciencia ficción.
Os grupos de 4º asistimos a presentación da obra "Star Trip" do grupo Yllana, espectáculo que transportounos a un mundo alucinante e absurdo de ciencia
ficción no espazo. Humor negro, mímica,
linguaxe universal e sen palabras cunha destacada banda sonora.
Os protagonistas de Star Trip son
catro intrépidos astronautas que levan 50 anos hibernando dentro dunha nave espacial que vaga polo espazo, e que ten por misión buscar
vida intelixente no universo para, unha vez atopada, eliminala.
O espectáculo comeza co despertar
da tripulación. A súa loita por dominar unha nave con
vida propia, o día a día nela, e os diferentes mundos cos que van colisionando son obxecto desta viaxe.
10 marzo 2015
ENTROIDO 2015
O pasado 27 de xaneiro de 2015 aparece nas noticias de prensa unha información que causa a nosa curiosidade.
Traballamos o artigo do xornal, buscamos máis infomación e pensamos aproveitar o asunto para o noso entroido.
Verdade e ciencia-ficción, todo en un.
Seríamos habitantes do sistema Kepler 444 e como a información fala de cinco planetas, eleximos cinco modelos de alíeníxenas: extraterrestres de Kepler 444-b, Kepler 444-c, Kepler 444-d, Kepler 444-e e Kepler 444-f.
Agora estamos desexando que chegue o gran día para sorprender as nosas familias e compañeiras e compañeiros do cole.
.gif)
04 marzo 2015
UNIDADES DE LONXITUDE
-Concepto de unidades de medida.
-O metro.Múltiplos e divisores.
-Cambios de unidades de medida.
Clicando na seguinte imaxe podemos ver unha presentación que resume o que traballamos estes días en Matemáticas:
-O metro.Múltiplos e divisores.
-Cambios de unidades de medida.
Clicando na seguinte imaxe podemos ver unha presentación que resume o que traballamos estes días en Matemáticas:
03 marzo 2015
ONTE FOMOS AO SALÓN DO LIBRO
As nenas e os nenos de 4º e tamén de 2º, fomos ao salón do libro.
Alí asistimos a obradoiros e fixemos unha visita pola exposición onde puidemos ver os traballos que fixeramos no colexio.
Alí asistimos a obradoiros e fixemos unha visita pola exposición onde puidemos ver os traballos que fixeramos no colexio.
23 febrero 2015
ANA ALONSO VISITA A NOSA BIBLIOTECA
Este trimestre estamos traballando co libro "El palacio subterráneo", historia moi entretida. Hoxe, por xentileza da editorial Anaya, tivemos a gran sorte de gozar coa visita da súa autora Ana Alonso que nos explicou como comezou a escribir, comentou a obra e fíxonos partícipes de moitas anécdotas.
Ao rematar a súa intervención e despois dun tempiño de preguntas asinou todos os nosos libros e tamén o libro de visitas da biblioteca de Lampi.
Ao rematar a súa intervención e despois dun tempiño de preguntas asinou todos os nosos libros e tamén o libro de visitas da biblioteca de Lampi.
08 febrero 2015
O ENTROIDO ESTÁ CHEGANDO
O ENTROIDO ESTE ANO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
CIENCIA E FICCIÓN... MOI ADECUADO O NOSO DISFRACE PARA ISO. ANDAMOS COAS CARAUTAS... DÁ MEDO VELAS!
PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL, LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS LADAÍÑAS", PARA CANTARLLAS AO GALO CANDO SE VAIA QUEIMAR...
POR CERTO, VILAVERDIÑO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... ARGALLARÁ ALGO? ESTE GALO SEGURO QUE SAIRÁ CON ALGUNHA SORPRESA...

18 enero 2015
TRABALLAMOS AO REDOR DA PAZ
RIGOBERTA MENCHÚ, PREMIO NOBEL DA PAZ, DI QUE:

NÓS PODEMOS CONTRIBUÍR Á PAZ.
ASÍ QUE IMOS, EN EQUIPOS COOPERATIVOS, ATOPAR FÓRMULAS PARA CONTRIBUÍR Á PAZ E RECOLLELAS NUN DOMIINÓ.
DURANTE ESTES DÍAS IMOS REFLEXIONAR E ELABORAR ACTIVIDADES DE DIFERENTES ÁREAS AO REDOR DA PAZ.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)