23 noviembre 2013

UN MES DE NOVEMBRO CHEO DE CELEBRACIÓNS

DURANTE O MES DE NOVEMBRO HAI MOITAS DATAS SOBRE AS QUE DEBATER, COMENTAR, REFLEXIONAR,...
NA CLASE, A PRIMEIRA QUE APARECEU FOI A DO 20 DE NOVEMBRO E OS DEREITOS DA INFANCIA.
EN CURSOS ANTERIORES TRABALLARAMOS O DEREITO A TER UN NOME, O DEREITO A TER UNHA FAMILIA, O DEREITO A IR Á ESCOLA,... NESTE CURSO CENTRÁMONOS MÁIS NO DEREITO Á SAÚDE. TRABALLAMOS MOITOS ASPECTOS RELACIONADOS: ALIMENTACIÓN, EXERCICIO FÍSICO,... E TODO ISO AO REDOR DA TEMÁTICA DO CORPO HUMANO COA QUE ANDAMOS NESTE TRIMESTRE.
 E ADEMAIS IMOS PARTICIPAR COA FUNDACIÓN MENIÑOS NUN CONCURSO DE RELATOS.RELACIONADOS CO DEREITO Á SAÚDE, XA VOS POÑEREMOS ALGÚN...

A SEGUNDA DESAS CELEBRACIÓNS É A DO DÍA DA PALABRA, 23 DE NOVEMBRO. 
OS LIBROS ESTÁN CHEOS DE PALABRAS: PALABRAS LONGAS, PALABRAS CURTAS, PALABRAS RELACIONADAS COA SAÚDE, PALABRAS QUE SE REFIREN AO CORPO HUMANO, PALABRAS MATEMÁTICAS, PALABRAS DE CONTO, PALABRAS DOCES,...
NÓS IMOS FACER SOPAS DE PALABRAS, XA VEREDES CANTAS SE NOS OCORREN!
ADEMAIS LEREMOS DÚAS HISTORIAS QUE TEÑEN QUE VER COA PALABRA: "LA NIÑA QUE ODIABA LOS LIBROS" E "LA TEJEDORA DE HISTORIAS".

E ... FALANDO DE PALABRAS... TAMÉN HAI PALABRAS QUE NON NOS GUSTAN PORQUE O QUE SIGNIFICAN NON É AGRADABLE... POR EXEMPLO... MALTRATO. ASÍ QUE LOITAREMOS CONTRA O MALTRATO SEMPRE E LEMBRAREMOS ISTO O 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO. HAI MOITAS PALABRAS QUE SE RELACIONAN CO MALTRATO E MESMO SE PODE MALTRATAR COA PALABRA. REFLEXIONAREMOS SOBRE ISTO CON LECTURAS E UN CONTO.


ENSÍNANOS UN XOGO (3)

Hoxe Daniel e María, pai e nai de Miguel (5 anos A) e Álex (3º A) fíxéronos partícipes dun divertido xogo chamado o bote.
Escoitamos con moita atención a explicación da actividade na aula. Fixemos moitísimas preguntas...Despois baixamos ao patio coa ilusión de poñelo en práctica.
Podedes ver como resultou na seguinte reportaxe gráfica:

Moi pronto incorporaremos a ficha explicativa do xogo para poder difundilo e practicalo coas nosas familias e amizades.
Unha vez máis agradecemos a colaboración das familias, foi estupendo contar con vós.

20 noviembre 2013

SAÚDE, ALIMENTACIÓN E ACTVIDADES FÍSICAS

Estamos traballando o coidado do noso corpo.
Para manter unha boa saúde é necesaria unha alimentación equilibrada, hixiene e actividade física.
Desde hai días, tratamos diferentes informacións sobre as características dunha boa alimentación: tipos de alimentos pola súa orixe, grupos de alimentos polos seus nutrintes, a pirámide de alimentos...
Hoxe, para aumentar o noso interese por estes asuntos, recibimos con entusiasmo a visita duns monitores acompañados por un simpático deportista da Sociedade Deportiva Teucro, equipo de balonmán da nosa cidade.
Comentaron algunhas cousiñas relacionadas co seu deporte e despois animáronnos a facer unha vida máis sana revisando con nós unha animación e atendendo ás nosas preguntas que foron moi numerosas.
Para rematar convidáronnos a unha merenda sá: iogurt, peza de froita e auga.
Nas seguintes fotos podemos recordar algúns momentos da exposición e de como participamos desta actividade.
Nós, pouco a pouco, seguimos clasificando alimentos e imos enchendo as nosas pirámides de alimentos...
Proba a xogar clicando sobre:

15 noviembre 2013

ENSÍNANOS UN XOGO (2)


Hoxe tivo lugar a segunda sesión ENSÍNANOS UN XOGO.
A actividade foi posible coa colaboración de Miguel Cogolludo, pai de María (3ºB) e Aldara (6º A). 
Explicounos como un globo pode facer de motor de propulsión dun coche de xoguete.
 Fixemos varias probas. Estivemos moi atentas e atentos, houbo moitas preguntas...
Tamén comprobamos que, ás veces, as cousas por moito empeño que poñamos non sempre saen á primeira...pero insintimos e persistimos. 
Agora, pola nosa conta, practicaremos nas nosas casas e compartirémolo. 
Aplausos para este papá que nos dedicou con ilusión un chisquiño do seu tempo.

13 noviembre 2013

ENSÍNANOS UN XOGO (1)

Á proposta do EDL e coa colaboración de María, nai de Julia (5 anos B) e Víctor (5º B), gozamos da nosa primeira sesión de ENSÍNANOS UN XOGO. Xa tiñamos ganas de que nos tocase algún!
Trátase do xogo da CHAQUETA, parécese ao xogo do pano, pero un chisco máis difícil, sobre todo, polo de atar as mangas...podedes ver que ben o pasamos nas seguintes fotos:

Desde aquí queremos agradecerlle a esta mamá os momentos tan divertidos que compartimos.
Tamén axudou o tempo porque segue o verán de San Martiño...

FOMOS DE COMPRAS...RESOLVEMOS PROBLEMAS REAIS

Hoxe na clase de coñecemento do medio seguimos traballando os tipos de alimentos pola súa orixe. A continuación organizados e organizadas por equipos "saímos" de compras coas seguintes consignas:
-Organizarnos por equipo-mesa.
-Escoller a compra que imos realizar entre os folletos publicitarios de supermercados que temos recollidos:

O equipo Nº1 (Textos): Escoller dous produtos de orixe animal.
O equipo Nº2 (Océanos): Escoller tres produtos de orixe vexetal.
O equipo Nº3 (Capitais europeas): Escoller un produto de orixe animal e outro de orixe vexetal.
O equipo Nº4 (Corpos xeométricos): Escoller un produto de orixe animal e outro de orixe mineral.
O equipo Nº5 (Animais vertebrados): Escoller un produto de orixe vexetal e outro de orixe mineral.
O equipo Nº6 (Relevo): Escoller tres produtos, un de cada tipo.

Tesoiras en man, houbo que consensuar, a elección foi rápida. Entre os produtos de orixe mineral non había moita variedade...

-Decidir os cartos que precisabamos para pagar e anotalo.

A profe emprestounos os cartos que lle solicitamos, pero agora temos que...

-Facer contas e devolver o que sobrou. 

A resolución da tarefa deu lugar a moitas situacións problemáticas que se tiveron que resolver, presentou moitas dúbidas e deu lugar a reflexións, estimacións, busca de estratexias,...
 Producíronse solucións xeniais, hipóteses e anéctodas. A destacar entre outras moitas anécdotas, todas elas motivo de reflexión do grupo:
* Houbo que ver os ingredientes da "ensalada" para incluila como produto de orixe vexetal...cantas ensaladas podemos facer con atún, anacos de queixo, embutido...
* Nun grupo houbo que decidir cantos packs de auga se collían porque o prezo era diferente segundo o número adquirido.
* A maioría dos grupos adoptaron como estratexia sumar euros por un lado e céntimos por outro (e non falamos de decimais...) porque os produtos, claro, non tiñan o prezo xusto...
* Dous grupos insistían na cantidade xusta de euros e céntimos, querían evitar voltas...pero na carteira non sempre temos xusto... e o empréstito de cartos tiña que ser co que había...

Cada equipo redactará o seu propio problema e ademais explicará ao resto da clase como puido resolvelo.






11 noviembre 2013

RESOLVEMOS PROBLEMAS

Xa comprobamos que as matemáticas están en todo o que nos rodea e son necesarias para resolver situacións que se producen de cote. 
Por iso, practicamos e practicamos a resolución de problemas (oralmente, no EDI, por escrito, de unha persoa nunha persoa, por parellas e ata por equipos)...tamén inventamos problemas. 
Esta semana iniciamos un xogo por equipos para poñer en práctica o que imos aprendendo.
Moi pronto poderemos compartir o noso traballo.
O seguinte video repasa os pasos que debemos seguir na resolución dun problema:

08 noviembre 2013

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este ano ademais de traballar sobre o que significa esta celebración, traballar sobre o outono, ler textos relacionados coa estación e coa festa, despois de realizar actividades plásticas como a elaboración dun cestiño para as castañas e musicais, tamén aprendemos xogos...moitos xogos.
Hoxe contamos cuns xogos emprestados polo Concello do Grove cos que gozamos un montón...e despois...baixamos ao patio para xuntos e xuntas degustar as riquísimas castañas asadas coa colaboración de Paco e o alumnado de sexto.
Aí van as fotos que recordan o acontecemento:

07 noviembre 2013

UN PRECIOSO DOCUMENTAL

Na clase de coñecemento do medio tivemos a oportunidade de ver un "cachiño" dunha película-documental moi recomendable:
É unha película do ano 1996 sobre a vida duns pequenos animais que habitan nun xardín durante un día e unha noite. Foi un documental moi premiado e destaca tamén a súa banda sonora. A continuación, poñemos o enlace para gozar en familia desta produción:

http://www.youtube.com/watch?v=MA6Vihywu1I


A nosa sorpresa foi maiúscula cando chegamos ao minuto dezaoito e observamos na película o que levamos días investigando na clase.
Agora estamos desexando rematar o noso pequeno proxecto e presentarllo á clase de 3ºB. Hai que esperar uns poucos días porque temos por medio o MAGOSTO e outras moitas actividades...
Ademais seguimos traballando sobre o corpo humano...