28 mayo 2015

MAPAS INTERACTIVOS: GALICIA-ESPAÑA

No seguinte enlace podemos atopar diferentes xogos didácticos con mapas interactivos para aprender XEOGRAFÍA:

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm

Estes días comezamos repasando mapas de España e Galicia. Clicando en cada imaxe entraremos diectamente na actividade:

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto3e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galiprov3e.html
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galiprov2e.html

REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS

Estes días comentamos a información aparecida nos xornais e na televisión sobre as eleccións municipais celebradas o pasado domingo. Eso levounos a interpretar as diferentes gráficas que representan os resultados. Buscamos máis información nos libros de texto, nos xornais e na internet...

Clicando na imaxe podemos traballar estas representacións e resolver moitos e variados problemiñas:
PROBLEMAS CON GRÁFICAS
PROBLEMAS CON GRÁFICAS

SUPERFICIES PLANAS

https://www.youtube.com/watch?v=a95Yy1YmXqE
- Concepto de polígonos.
- Polígonos según sus lados y sus nombres.
- Polígonos según sus ángulos.
- Polígonos regulares y polígonos irregulares.
https://www.youtube.com/watch?v=c9KmYxP7IG4

- Diferencias entre circunferencia y círculo.
- Elementos de la circunferencia.
- Figuras circulares.

27 mayo 2015

SAÍDA A CAMPO LAMEIRO


Despois da nosa investigación sobre a Prehistoria, hoxe visitamos os petroglifos de Campo Lameiro, paseamos por un poblado da Idade de Bronce e fixemos  cerámica cos procedementos e decoracións da época.
Estivemos organizados en dous grupos de traballo dirixidos polas monitoras Elena e Beatriz que axudáronnos a participar en tódalas actividades.
Foi unha saída moi entretida como dan conta as seguintes imaxes:


21 mayo 2015

HISTORIA DA HUMANIDADE EN DOUS MINUTOS

Hoxe no cole visionamos un video moi curioso e recomendable. 
En só dous minutos de duración pódese contemplar a historia do mundo recollida nunha serie de impactantes e vertixinosas fotografías que aparecen ao ritmo do inquitante tema musical Mind Heist (Zack Hemsey). Desde a formación da galaxia, pasando pola evolución das diferentes especies da Terra, ata a fin do mundo. 
Clicando na imaxe podedes gozar desta "viaxe" pola historia:
https://www.youtube.com/watch?v=S9S-85xh16I

20 mayo 2015

19 mayo 2015

LEMBRADES QUE ESTABAMOS PRESENTANDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS?

HAI VARIAS SEMANAS QUE COMEZAMOS A PRESENTAR Á CLASE OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
AGORA QUEREMOS PRESENTÁRVOLOS A VÓS.
VELAQUÍ A NOSA PRESENTACIÓN COLECTIVA,
ÁNIMO! A LELOS TODOS!


08 mayo 2015

TRABALLAMOS AO REDOR DE FILGUEIRA VALVERDE

FILGUEIRA VALVERDE É PONTEVEDRÉS.
ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE A SÚA VIDA E A SÚA OBRA.
CON TODO O INVESTIGADO ELABORAREMOS UN MURAL CO RESTO DO COLEXIO.

ADEMAIS ELABORAMOS POEMAS PARA O CERTAME DE POESÍAS DO COLE... NUNS DÍAS TEREMOS AS LECTURAS.

AH! ESQUECÍA DICIRVOS QUE TAMÉN ESTE ANO TEREMOS UNHA ACTUACIÓN PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

06 mayo 2015

EDUCACIÓN VIARIA NO COLE


A semana do 4 ao 10 de maio conmemórase a III SEMANA MUNDIAL PARA A SEGURIDADE VIAL promovida pola ONU. Esta campaña vai dirixida á protección das nenas e dos nenos e busca mellorar a seguridade de todas e todos nós. Desde o cole e coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico temos previstas varias actividades para mellorar a nosa educación viaria: comportamento na vía pública como peóns e como conductoras e conductores de vehículos (bicis, karts), medidas de seguridade, normas de circulación e sinais de tráfico...

Participamos nunha charla formativa na biblioteca do centro, un circuito de karts montado no patio para practicar e unha sesión na aula de informática para traballar cuns xogos de educación vial.

Mércores 6 de maio. GRUPO DE 4ºA 

Xoves 7 de maio. GRUPO DE 4ºB