12 junio 2015

VISITAMOS AS AULAS DE 5º


computadora-y-ordenador-imagen-animada-0025O curso vindeiro iniciamos 5º e fomos ver como se traballa, cales son os materiais e comentamos co alumnado como lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas diferentes as nosas, traballan co xornal todas as semanas, tamén teñen libretas cuadriculadas e raiadas, pero o que máis chamou a nosa atención e curiosidade son os ORDENADORES PERSOAIS
Explicáronnos as dificultades atopadas e como rapidamente aprenderon a manexarse coa teconoloxía, practicamos algunha que outra cousiña, houbo que cargar un portátil que quedou sen batería, fixemos selfies que despois gardamos, abrimos algunha "carpetiña", preguntamos, escoitamos, compartimos...e ao final intercambiamos agasallos. 

As fotos son mostra dunha sesión cargada de ilusión e compañerismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario