26 noviembre 2014

O TEMPO ATMOSFÉRICO

Na atmosfera prodúcense todos os fenómenos que determinan o TEMPO ATMOSFÉRICO. Estamos recabando moita información: fotos, libros, noticias, símbolos, mapas, instrumentos metereolóxicos, predicións...Facemos esquemas e resumos.
Atopamos un pequeno video que usamos de presentación:
http://www.youtube.com/watch?v=65mS782mCLQ

Video sobre metereoloxía.









Tamén enganchamos algúns dos videos que máis curiosidades nos causaron relacionadas coa atmosfera e os fenómeros atmosféricos:

Formación das pingas de chuvia 

 

Estructura da atmósfera
Estructura da atmosfera


24 noviembre 2014

23 de NOVEMBRO: día INTERNACIONAL da PALABRA

 
Onte, 23 de novembro conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA, iniciativa da FUNDACION CESAR EGIDO SERRANO, que consciente da necesidade do diálogo, como ferramenta fundamental para eliminar toda violencia, desexa concienciar a toda a sociedade de que é a palabra o único camiño cara a unha paz duradeira entre os pobos, sen discriminación de ideas políticas ou relixiosas.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. 

As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días. Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación, compartir, axudar, colaborar...

 

Mafalda deixou na clase unha postal para que lle axudemos a inventar palabras novas -non chega coas recentes palabras incorporadas no Dicionario da RAE- e proponnos que, xa que traballamos con prefixos e cores, inventemos novas palabras como agasallo á nosa biblioteca...e con esas estamos...


20 noviembre 2014

FORZA 3 NO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


Hoxe, día 20 de novembro, celebramos o  DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS dunha maneira moi especial:
Unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística cuns obradoiros de Lingua Forza 3 ofertados polo Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL.
Tres doutoras do departamento físico e lingüístico da "universidade" Xandobela pasaron polo ximnasio do noso cole para advertir da presenza dun brote de virus moi infeccioso que ataca aos músculos e ao idioma galego, chámase "virus lingüísticus". O alumnado de cuarto de primaria someteuse a unha serie de probas de habilidade, de resistencia e de velocidade, tanto físicas como mentais para saber se estaba contaxiado ou non.
Houbo xogos tradicionais, adiviñas, trabalinguas, traballo en equipo...todo o necesario para demostrar a súa fortaleza co uso do idioma como ferramenta necesaria e fundamental.
As imaxes demostran a participación de todo o alumnado que gozou moitísimo desta experiencia:

As doutoras dixeron que estamos un chisco afectados e afectadas por ese virus maligno que ameaza á nosa lingua. E a receita para combatelo é sinxela: "falar máis galego para matar ese virus e salvar a lingua".

18 noviembre 2014

A LÚA E AS MAREAS

https://www.youtube.com/watch?v=hbDbRH7p_OY
Clicando sobre a imaxe podemos visionar un interesante video explicativo de como se producen as mareas por influencia da Lúa.
As mareas son o resultado de tres interaccións importantes:
-Atracción da Lúa
-Atracción do Sol
-Rotación da Terra
Terra e Lúa atráense mutuamente, é a atracción gravitacional, pero o punto máis alonxado da Terra é menos atraído co punto máis cercano. 

https://www.youtube.com/watch?v=UHPQNDDrOQk

13 noviembre 2014

SEGUIMOS REPASANDO SOBRE O SISTEMA SOLAR E O NOSO PLANETA.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/carambolo/WEB%20JCLIC2/Agrega/Medio/Tierra/Del%20sistema%20solar%20a%20nuestro%20planeta/contenido/index.html
Animádevos a navegar e compartídeo coas amigas e cos amigos de clase. 
Clicando sobre os seguintes títulos accedemos directamente ao contido marcado:

12 noviembre 2014

MISIÓN ROSETTA e a SONDA PHILAE



Hito histórico: 
Hoxe está de actualidade unha noticia extraordinaria recollida en todos os medios de comunicación. 
A sonda Philae separouse con éxito da nave Rosetta e iniciou a súa viaxe de sete horas ata alcanzar a superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, ao longo da tarde deste mércores, arredor das 17:00, hora peninsular.
É a primera vez na historia que unha nave está tan preto dun cometa, algo comparable pola súa importancia científica e complexidade técnica coa chegada á Lúa o coa misión xaponesa Hayabusa, que no ano 2005 fixo probas da superficie dun asteroide. 


Podemos ver imaxes reais deste acontecemento no seguinte enlace da Axencia Europea Espacial (ESA):

http://www.esa.int/spaceinimages/content/search?SearchText=rosetta&sortBy=published

Nós tamén comentamos e traballamos a noticia en clase. Estamos poñendo moito interese por facer un seguimento desta extraordinaria aventura. Vimos videos explicativos, recortes de prensa, noticias dos informativos... Temos xa un pequeno dossier. O alumnado de 5º ten montado un mural coa cronoloxía da noticia. Recollimos todo esto en fotos:

11 noviembre 2014

ATMOSFERA E AIRE

Seguimos a voltas coa Terra e agora tócanos falar da ATMOSFERA, capa gasosa que nos envolve. 
Da súa importancia e composición podemos atopar información no seguinte video:
http://www.youtube.com/watch?v=OHpxyPURzdU




10 noviembre 2014

JULIO VERNE E A CIENCIA FICCIÓN

Comezamos este curso cunha carta que falaba entre outras cousas da CIENCIA FICCIÓN, asi  achegámonos á figura do escritor JULIO VERNE e as súas obras.  


Hai uns días, a profe chegou con dúas fotos que deron moito que falar: eran monumentos, estaban preto da auga ou do mar...tiñamos unhas pistiñas: preto de Pontevedra, non máis de 50 Km., noutra ría próxima da nosa...había que seguir buscando e pedindo axuda.
Sabemos xa que a primeira das fotos corresponde a unha estatua de Julio Verne que está diante do Club Naútico de Vigo. Por que un polbo coa imaxe do autor? Por que en Vigo? Quen a fixo e cando se instalou?
Seguiu a investigación...
A segunda foto averiguamos que está na praia de Cesantes, cerca da illa de San Simón, no concello de Redondela e na ría de Vigo. A estatua sería tamén Julio Verne? E os buzos? 
Un compañeiro fixo unha excursión coa súa familia ata alí, pero a marea deixaba ver unicamente a cabeza dun buzo...e xa temos máis preguntas: 
Por que hai mareas? Que representará este monumento? Quen o fixo e cando se instalou?
Seguiu a investigación...



Puxemos as nosas investigacións en común: houbo anotacións, máis fotos, libros, enlaces de webs...e comezamos a ordenar toda a información.
Agora temos un mapa mental coa información atopada sobre Julio Verne, moitos libros, algunha película e máis curiosidades.


E dúas novas propostas: ler 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA impacientes por chegar ao capítulo A BAHÍA DE VIGO e ver unha versión da obra en película. Cando? Onde? Dámoslle voltas ao asunto.
Isto da CIENCIA FICCIÓN é motivo de moitos e variados intereses.
Seguiremos informando...

07 noviembre 2014

MAGOSTO 2014


Este ano, ademais de traballar sobre o que significa esta celebración, limos textos relacionados coa estación de outono, Samaín e Halloween, actividades plásticas e preparamos algunha canción na clase de Música. Tamén xogamos...xogamos a moitos e variados xogos que organizamos mentras as castañas "poñíanse a tono" para ser degustadas. 
As castañas, un ano máis, foron asadas coa colaboración de Paco e o alumnado de sexto. Estaban riquísiiiiiiiimas!!! 
Nestas fotos podemos ver como se desenvolveu a xornada:

03 noviembre 2014

ACENTUACIÓN

Seguimos clasificando as palabras pola súa sílaba tónica. Facemos moitas actividades para distinguilas e deixamos no blog un video, o esquema que trouxo a profe Alejandra e uns xogos para practicar:
https://www.youtube.com/watch?v=icTjd2BteJQ


http://www.juntadeandalucia.es/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/agudas_llanas_esdrujulas/agudas_llanas_esdrujulas.html