04 junio 2015

ATLAS INTERACTIVO DE AMÉRICA, ESPAÑA E PORTUGAL

http://www.ign.es/atlas_didactico/
Estes días que traballamos XEOGRAFÍA atopamos un atlas interactivo cos territorios de América, España e Portugal. Está elaborado polo Ministerio de Fomento en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional. 
É unha aplicación dixital, dividida en catro módulos de estudo: o Universo, a Terra, Cartografía e o teu país. 
En cada un destes módulos podemos traballar diferentes contidos e navegar para averiguar máis información de cada un dos apartados.

http://www.ign.es/atlas_didactico/
No módulo de CARTOGRAFÍA, por exemplo, pódese traballar coas escalas dun mapa, os tipos de mapa que existen, o funcionamento dos GPS e o mesmo tempo traballar e xogar coa información.
Estes días interésanos a organización territorial, que está no módulo 4. Eleximos un mapa dixital o un territorio do que queiramos obter máis información, por exemplo España, e aparecerá unha ventá como a da imaxe con datos sobre o clima, a poboación, o relevo, o medio natural... 
http://www.ign.es/atlas_didactico/ 
ANIMÁDEVOS A NAVEGAR CON ESTE ATLAS INTERACTIVO

No hay comentarios:

Publicar un comentario