23 marzo 2015

STAR TRIP


Dentro dos espectáculos promovidos pola organización do Salón do Libro está tamén o teatro. Este ano  con temáticas relacionadas coa ciencia ficción. 
Os grupos de 4º asistimos a presentación da obra "Star Trip" do grupo Yllana, espectáculo que transportounos a un mundo alucinante e absurdo de ciencia ficción no espazo. Humor negro, mímica, linguaxe universal e sen palabras cunha destacada banda sonora.
Os protagonistas de Star Trip son catro intrépidos astronautas que levan 50 anos hibernando dentro dunha nave espacial que vaga polo espazo, e que ten por misión buscar vida intelixente no universo para, unha vez atopada, eliminala.
O espectáculo comeza co despertar da tripulación. A súa loita por dominar unha nave con vida propia, o día a día nela, e os diferentes mundos cos que van colisionando son obxecto desta viaxe.

10 marzo 2015

ENTROIDO 2015



O pasado 27 de xaneiro de 2015 aparece nas noticias de prensa unha información que causa a nosa curiosidade.

Traballamos o artigo do xornal, buscamos máis infomación e pensamos aproveitar o asunto para o noso entroido. 
Verdade e ciencia-ficción, todo en un.
Seríamos habitantes do sistema Kepler 444 e como a información fala de cinco planetas, eleximos cinco modelos de alíeníxenas: extraterrestres de Kepler 444-b, Kepler 444-c, Kepler 444-d, Kepler 444-e e Kepler 444-f.
Agora estamos desexando que chegue o gran día para sorprender as nosas familias e compañeiras e compañeiros do cole.

 A profe Lola axudounos a buscar unha música axeitada para o desfile. Que mellor que a ritmo da banda sonora da Guerra das Galaxias (Star Wars)
Este é parte da reportaxe gráfica do noso entroido, temos máis fotos espalladas nos diferentes blogs do centro:

04 marzo 2015

UNIDADES DE LONXITUDE

-Concepto de unidades de medida.
-O metro.Múltiplos e divisores.
-Cambios de unidades de medida.

Clicando na seguinte imaxe podemos ver unha presentación que resume o que traballamos estes días en Matemáticas:


https://www.youtube.com/watch?v=BCAtgJgjYyc#t=113

03 marzo 2015

ONTE FOMOS AO SALÓN DO LIBRO

As nenas e os nenos de 4º e tamén de 2º, fomos ao salón do libro.
Alí asistimos a obradoiros e fixemos unha visita pola exposición onde puidemos ver os traballos que fixeramos no colexio.