26 noviembre 2014

O TEMPO ATMOSFÉRICO

Na atmosfera prodúcense todos os fenómenos que determinan o TEMPO ATMOSFÉRICO. Estamos recabando moita información: fotos, libros, noticias, símbolos, mapas, instrumentos metereolóxicos, predicións...Facemos esquemas e resumos.
Atopamos un pequeno video que usamos de presentación:
http://www.youtube.com/watch?v=65mS782mCLQ

Video sobre metereoloxía.









Tamén enganchamos algúns dos videos que máis curiosidades nos causaron relacionadas coa atmosfera e os fenómeros atmosféricos:

Formación das pingas de chuvia 

 

Estructura da atmósfera
Estructura da atmosfera


24 noviembre 2014

23 de NOVEMBRO: día INTERNACIONAL da PALABRA

 
Onte, 23 de novembro conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA, iniciativa da FUNDACION CESAR EGIDO SERRANO, que consciente da necesidade do diálogo, como ferramenta fundamental para eliminar toda violencia, desexa concienciar a toda a sociedade de que é a palabra o único camiño cara a unha paz duradeira entre os pobos, sen discriminación de ideas políticas ou relixiosas.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. 

As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días. Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación, compartir, axudar, colaborar...

 

Mafalda deixou na clase unha postal para que lle axudemos a inventar palabras novas -non chega coas recentes palabras incorporadas no Dicionario da RAE- e proponnos que, xa que traballamos con prefixos e cores, inventemos novas palabras como agasallo á nosa biblioteca...e con esas estamos...


20 noviembre 2014

FORZA 3 NO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA


Hoxe, día 20 de novembro, celebramos o  DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS dunha maneira moi especial:
Unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística cuns obradoiros de Lingua Forza 3 ofertados polo Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL.
Tres doutoras do departamento físico e lingüístico da "universidade" Xandobela pasaron polo ximnasio do noso cole para advertir da presenza dun brote de virus moi infeccioso que ataca aos músculos e ao idioma galego, chámase "virus lingüísticus". O alumnado de cuarto de primaria someteuse a unha serie de probas de habilidade, de resistencia e de velocidade, tanto físicas como mentais para saber se estaba contaxiado ou non.
Houbo xogos tradicionais, adiviñas, trabalinguas, traballo en equipo...todo o necesario para demostrar a súa fortaleza co uso do idioma como ferramenta necesaria e fundamental.
As imaxes demostran a participación de todo o alumnado que gozou moitísimo desta experiencia:

As doutoras dixeron que estamos un chisco afectados e afectadas por ese virus maligno que ameaza á nosa lingua. E a receita para combatelo é sinxela: "falar máis galego para matar ese virus e salvar a lingua".

18 noviembre 2014

A LÚA E AS MAREAS

https://www.youtube.com/watch?v=hbDbRH7p_OY
Clicando sobre a imaxe podemos visionar un interesante video explicativo de como se producen as mareas por influencia da Lúa.
As mareas son o resultado de tres interaccións importantes:
-Atracción da Lúa
-Atracción do Sol
-Rotación da Terra
Terra e Lúa atráense mutuamente, é a atracción gravitacional, pero o punto máis alonxado da Terra é menos atraído co punto máis cercano. 

https://www.youtube.com/watch?v=UHPQNDDrOQk

13 noviembre 2014

SEGUIMOS REPASANDO SOBRE O SISTEMA SOLAR E O NOSO PLANETA.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/carambolo/WEB%20JCLIC2/Agrega/Medio/Tierra/Del%20sistema%20solar%20a%20nuestro%20planeta/contenido/index.html
Animádevos a navegar e compartídeo coas amigas e cos amigos de clase. 
Clicando sobre os seguintes títulos accedemos directamente ao contido marcado:

12 noviembre 2014

MISIÓN ROSETTA e a SONDA PHILAE



Hito histórico: 
Hoxe está de actualidade unha noticia extraordinaria recollida en todos os medios de comunicación. 
A sonda Philae separouse con éxito da nave Rosetta e iniciou a súa viaxe de sete horas ata alcanzar a superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, ao longo da tarde deste mércores, arredor das 17:00, hora peninsular.
É a primera vez na historia que unha nave está tan preto dun cometa, algo comparable pola súa importancia científica e complexidade técnica coa chegada á Lúa o coa misión xaponesa Hayabusa, que no ano 2005 fixo probas da superficie dun asteroide. 


Podemos ver imaxes reais deste acontecemento no seguinte enlace da Axencia Europea Espacial (ESA):

http://www.esa.int/spaceinimages/content/search?SearchText=rosetta&sortBy=published

Nós tamén comentamos e traballamos a noticia en clase. Estamos poñendo moito interese por facer un seguimento desta extraordinaria aventura. Vimos videos explicativos, recortes de prensa, noticias dos informativos... Temos xa un pequeno dossier. O alumnado de 5º ten montado un mural coa cronoloxía da noticia. Recollimos todo esto en fotos:

11 noviembre 2014

ATMOSFERA E AIRE

Seguimos a voltas coa Terra e agora tócanos falar da ATMOSFERA, capa gasosa que nos envolve. 
Da súa importancia e composición podemos atopar información no seguinte video:
http://www.youtube.com/watch?v=OHpxyPURzdU




10 noviembre 2014

JULIO VERNE E A CIENCIA FICCIÓN

Comezamos este curso cunha carta que falaba entre outras cousas da CIENCIA FICCIÓN, asi  achegámonos á figura do escritor JULIO VERNE e as súas obras.  


Hai uns días, a profe chegou con dúas fotos que deron moito que falar: eran monumentos, estaban preto da auga ou do mar...tiñamos unhas pistiñas: preto de Pontevedra, non máis de 50 Km., noutra ría próxima da nosa...había que seguir buscando e pedindo axuda.
Sabemos xa que a primeira das fotos corresponde a unha estatua de Julio Verne que está diante do Club Naútico de Vigo. Por que un polbo coa imaxe do autor? Por que en Vigo? Quen a fixo e cando se instalou?
Seguiu a investigación...
A segunda foto averiguamos que está na praia de Cesantes, cerca da illa de San Simón, no concello de Redondela e na ría de Vigo. A estatua sería tamén Julio Verne? E os buzos? 
Un compañeiro fixo unha excursión coa súa familia ata alí, pero a marea deixaba ver unicamente a cabeza dun buzo...e xa temos máis preguntas: 
Por que hai mareas? Que representará este monumento? Quen o fixo e cando se instalou?
Seguiu a investigación...



Puxemos as nosas investigacións en común: houbo anotacións, máis fotos, libros, enlaces de webs...e comezamos a ordenar toda a información.
Agora temos un mapa mental coa información atopada sobre Julio Verne, moitos libros, algunha película e máis curiosidades.


E dúas novas propostas: ler 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA impacientes por chegar ao capítulo A BAHÍA DE VIGO e ver unha versión da obra en película. Cando? Onde? Dámoslle voltas ao asunto.
Isto da CIENCIA FICCIÓN é motivo de moitos e variados intereses.
Seguiremos informando...

07 noviembre 2014

MAGOSTO 2014


Este ano, ademais de traballar sobre o que significa esta celebración, limos textos relacionados coa estación de outono, Samaín e Halloween, actividades plásticas e preparamos algunha canción na clase de Música. Tamén xogamos...xogamos a moitos e variados xogos que organizamos mentras as castañas "poñíanse a tono" para ser degustadas. 
As castañas, un ano máis, foron asadas coa colaboración de Paco e o alumnado de sexto. Estaban riquísiiiiiiiimas!!! 
Nestas fotos podemos ver como se desenvolveu a xornada:

03 noviembre 2014

ACENTUACIÓN

Seguimos clasificando as palabras pola súa sílaba tónica. Facemos moitas actividades para distinguilas e deixamos no blog un video, o esquema que trouxo a profe Alejandra e uns xogos para practicar:
https://www.youtube.com/watch?v=icTjd2BteJQ


http://www.juntadeandalucia.es/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/agudas_llanas_esdrujulas/agudas_llanas_esdrujulas.html


30 octubre 2014

CABAZAS E HALLOWEEN

Ás portas da celebración do Halloween e a proposta das "teachers" do cole temos os corredores cheos de vistosas cabazas. No blog de inglés podedes curiosear historias, xogos, cancións e videos relacionados con esta celebración.
Deixamos unhas fotos da exposición:

28 octubre 2014

OS DETERMINANTES

Nas clases de lengua e lingua estamos traballando cos determinantes. Deixamos o esquema que empregamos de repaso: 


26 octubre 2014

A LÚA

Seguimos a voltas, nunca mellor dito, coa Terra e a Lúa.
Na marxe dereita do noso blog podedes observar como cambia o día e a noite e tamén a fase lunar en tempo real, é realmente curioso.
Ademais para completar a nosa información estamos elaborando un pequeno libriño.
Fotos


24 octubre 2014

STELLARIUM



Para comezar a ser astrónomas e astrónomos temos un instrumento ao noso alcance no ordenador do cole ou nos ordenadores/tablets das nosas casas:

Stellarium é un programa gratuíto de código aberto. É capaz de mostrar un ceo realista en 3D, tal como observamos a simple vista, con binoculares ou telescopio.
Úsase en proxectores de planetario. Só temos que especificar as coordenadas e listo. O seu enlace para poder descargalo no ordenador é o seguinte:

http://www.stellarium.org/es/

24 de outubro - DÍA DA BIBLIOTECA


LAMPI, mascota da nosa BIBLIOTECA, está feliz porque hoxe celébrase O DÍA DA BIBLIOTECA.
Esta iniciativa naceu no ano 1997 para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras e lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e a convivencia.
Na porta da nosa biblioteca unha imaxe de MAFALDA anunciaba desde hai días o acontecemento.
 
MAFALDA tamén está de celebración porque cúmprese o 50 aniversario da aparición da súa primeira tira cómica. Ademais ao seu autor, Joaquín Salvador Lavado, coñecido como QUINO concedéronlle este ano o PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA COMUNICACIÓN E HUMANIDADES.
 Nas nosas clases apareceron unhas tiras cómicas con MAFALDA e unha invitación para visitar a nosa biblioteca e buscar máis...Algún das nosas compañeiras e compañeiros atoparon información nas súas casas (libros, películas, entrevistas, fotos...) e anímanse a compartilas co resto do alumnado. 
Clicando na seguinte imaxe poderedes ver a presentación que traballamos no cole:
http://www.slideshare.net/fullscreen/xianadecide/24-de-outubro/3
Na clase de plástica elaboramos uns marcapáxinas moi chulos para usar nas nosas lecturas diarias.


17 octubre 2014

NÚMEROS ROMANOS

En matemáticas estamos traballando os números romanos. Resulta un chisco difícil, pero estamos facendo moitas actividades e xogos que nos familiarizan con eles. Deixamos un video explicativo e un xogo:

https://www.youtube.com/watch?v=IAtWxaQLboY
Clica imaxe para ir ao video

http://genmagic.org/mates3/nro1c.swf
Clica imaxe para ir ao xogo



16 octubre 2014

VIAXANDO POLO UNIVERSO

Seguimos recopilando información, investigando, estudiando e gardando datos moi interesantes do cosmos. Falamos do ano luz como medida de lonxitude en Astronomía. Visionamos e comentamos varios videos con moitas curiosidades que enlazamos no blog para ver coas nosas familias:

VIAXE POLO COSMOS

13 octubre 2014

VAI DE MOZART




Hoxe tivemos a nosa primeira saída de cuarto. 
Asistimos no Teatro Principal a un concerto da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra que interpretou Vai de Mozart, un concerto en vivo para coñecer e gozar dos diferentes instrumentos da orquestra coas obras máis coñecidas de Mozart, achegándonos un chisquiño á vida e obra deste xenial compositor. 



03 octubre 2014

02 octubre 2014

O CÓMIC

FALANDO DO FUTURO, DA CIENCIA FICCIÓN...
LESTES ALGÚN CÓMIC SOBRE O ESPAZO?
SABEDES QUE É UN CÓMIC? E UN BOCADILLO EN OFF?

SE O QUERES SABER INVESTIGA CONNOSCO ...

23 septiembre 2014

19 septiembre 2014

COMEZAMOS CUNHA CARTA

A MASCOTA DEIXOUNOS UNHA CARTA PARA CONTARNOS O QUE FIXERA NAS VACACIÓNS E AS SÚAS INVESTIGACIÓNS.
COMO NON? NÓS TAMÉN NOS PUXEMOS A TRABALLAR COAS SÚAS PROPOSTAS.
SABEDES COMO SERÁN AS CIDADES DO FUTURO?
NESTE CURSO, HAI UNHA CELEBRACIÓN SOBRE PICASSO E NÓS IMOS INVESTIGALO.

01 septiembre 2014

VÉMONOS EN 4º!

OLA!
SOMOS CARVI E MIRSÉ.
TENDES TODO PREPARADO PARA COMEZAR?
NÓS SI.
QUE TAL PASASTES AS VACACIÓNS?
NÓS ESTIVEMOS EN MASCOTILANDIA ONDE LEMOS NOVELAS DE CIENCIA FICCIÓN E BIOGRAFÍAS. TAMÉN INVESTIGAMOS SOBRE OS ALCALDES DE PONTEVEDRA E ALGUNHA OUTRA COUSIÑA QUE XA VOS CONTAREMOS.
SABEDES? ESTIVEMOS VISITANDO ALGÚN LUGAR E ELABORAMOS UN DIARIO CON FOTOS, ADEMAIS DEBUXAMOS ALGUNHAS IMAXES DO FUTURO...
VÉMONOS O DÍA 10 E XA VOS SEGUIMOS DICINDO...

20 junio 2014

E REMATOU O CURSO CUNHA FESTA

REMATOU O CURSO. UN CURSO NO QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS.
EN SETEMBRO ESTAREMOS EN 4º
VÉMONOS NAS NOSAS NOVAS AULAS!!

11 junio 2014

VISÍTANNOS OS NENOS E AS NENAS DE 2º

COMO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDA, AS NENAS E OS NENOS DE 2º VIÑERON COÑECER AS CLASES DE 3º QUE OCUPARÁN O VINDEIRO CURSO.
ENSINÁMOSLLES MATERIAIS E AS NOSAS AXENDAS.
FIXEMOS UNHA TAREFA CONXUNTAMENTE E INTERCAMBIAMOS AGASALLOS.


23 mayo 2014

A PAISAXE, O RELEVO, GALICIA,...


  • NA CLASE ANDAMOS COS ELEMENTOS DA PAISAXE...

APRENDE CONNOSCO CLICANDO NESTE ENLACE, E NESTE OUTRO

    Galicia
  • E FALAMOS DE RÍOS, CIDADES, PROVINCIAS,... 

REPASA SERRAS CLICANDO AQUÍ, RÍOS AQUÍ, COSTAS AQUÍ E MOITOS ELEMENTOS DO RELEVO MÁIS AQUÍ
REPASA PROVINCIAS AQUÍ E AQUÍ

NESTES ENLACES PODES XOGAR CON TODO O QUE ACABAS DE APRENDER:
PROVINCIAS
PROVINCIAS E CAPITAL
RELEVO
COSTA GALEGA












FAREMOS MAPAS MENTAIS CON TODO O APRENDIDO... IGUAL VOS POÑEMOS ALGÚN EXEMPLO

SABES COLOCAR UN MAPA CORRECTAMENTE USANDO UN COMPÁS?
COMO FACER UN COMPÁS SINXELO PARA ORIENTARNOS E ORIENTAR OS NOSOS MAPAS
Un compás é un instrumento de orientación
que nos permite determinar o norte magnético.
No compás unha agulla imantada móvese en función do magnetismo terrestre.

Podemos fabricar unha  con obxectos da casa
Precisamos:

- Un recipiente redondo
- Un
cd que xa non usemos
- Un imán pequeno
- Pegamento

1. encher o recipiente de auga
2. pegar o imán nun borde do cd
3. colocar o cd de xeito que flote e non tropece
4. observaremos que o cd comeza a moverse lentamente buscando o norte magnético e parará cando o atope.
5. o norte estará onda o imán
6 o sur no lado inverso