31 enero 2014

TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Seguimos estudiando e repasando as tablas de multiplicar. Case completamos os nosos pasaportes.
Podemos practicar e reforzar as nosas aprendizaxes clicando nos seguintes xogos:

TABLAS DE MULTIPLICAR

EL RATÓN Y LAS TABLAS

BUSCA LOS PRODUCTOS


28 enero 2014

FOMOS AO TEATRO



O luns 27 de xaneiro, o alumnado de 2º e 3º de Primaria asistiu á representación de XANGO da compañía galega Talía no Teatro Principal. 
Foi unha sesión moi divertida que tamén nos fixo reflexionar sobre os usos e abusos do mundo cibernético.
A obra está escrita e dirixida por Diego Rey e conta a historia dun home que foi engulido pola súa tablet.




27 enero 2014

OS PETOS DE LORETO ESTÁN MOI, MOI CHEOS

Dende o comezo das clases, Loreto, viu vernos.
Ten mooooitos petos e neles aparece cada poucos días as cousas máis raras que poidades imaxinar.
Para loitar contra o acoso trouxo historias, tamén trae paraugas, animais,...
que máis nos traerá?

22 enero 2014

OS ANIMAIS E AS PLANTAS

NESTES DÍAS ANDAMOS A TRABALLAR SOBRE OS SERES VIVOS.
PLANTAS E ANIMAIS SON AGORA OS TEMAS DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS.
QUEREDES AXUDARNOS?

13 enero 2014

TRABALLAMOS SOBRE O ACOSO ESCOLAR PARA EVITALO

ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE O ACOSO ESCOLAR.
IMOS CELEBRAR A PAZ ESTE ANO RECLAMANDO O NOSO DEREITO A NON SUFRIR ACOSO.
AS MANS DEBEN SERVIR PARA MOITAS COUSAS ÚTILES... PERO NUNCA PARA ACOSAR. STOP ACOSO!

FAREMOS UN CARTEL CONTRA O ACOSO E O DÍA 30 LEVARÉMOLO AO PATIO, ONDE CANTAREMOS E BAILAREMOS CON TODAS AS COMPAÑEIRAS E TODOS OS COMPAÑEIROS DO COLEXIO.