23 mayo 2014

A PAISAXE, O RELEVO, GALICIA,...


  • NA CLASE ANDAMOS COS ELEMENTOS DA PAISAXE...

APRENDE CONNOSCO CLICANDO NESTE ENLACE, E NESTE OUTRO

    Galicia
  • E FALAMOS DE RÍOS, CIDADES, PROVINCIAS,... 

REPASA SERRAS CLICANDO AQUÍ, RÍOS AQUÍ, COSTAS AQUÍ E MOITOS ELEMENTOS DO RELEVO MÁIS AQUÍ
REPASA PROVINCIAS AQUÍ E AQUÍ

NESTES ENLACES PODES XOGAR CON TODO O QUE ACABAS DE APRENDER:
PROVINCIAS
PROVINCIAS E CAPITAL
RELEVO
COSTA GALEGA












FAREMOS MAPAS MENTAIS CON TODO O APRENDIDO... IGUAL VOS POÑEMOS ALGÚN EXEMPLO

SABES COLOCAR UN MAPA CORRECTAMENTE USANDO UN COMPÁS?
COMO FACER UN COMPÁS SINXELO PARA ORIENTARNOS E ORIENTAR OS NOSOS MAPAS
Un compás é un instrumento de orientación
que nos permite determinar o norte magnético.
No compás unha agulla imantada móvese en función do magnetismo terrestre.

Podemos fabricar unha  con obxectos da casa
Precisamos:

- Un recipiente redondo
- Un
cd que xa non usemos
- Un imán pequeno
- Pegamento

1. encher o recipiente de auga
2. pegar o imán nun borde do cd
3. colocar o cd de xeito que flote e non tropece
4. observaremos que o cd comeza a moverse lentamente buscando o norte magnético e parará cando o atope.
5. o norte estará onda o imán
6 o sur no lado inverso


12 mayo 2014

UN DÍA XENIAL NO SALGUEIRAL

A semana pasada visitamos a aldea do Salgueiral na parroquia de Bora do concello de Pontevedra.
Esta saída é unha iniciativa da Comunidade de Montes de O Salgueiral que conta coa colaboración do noso concello e da empresa sociocultural ANIAS.
O noso percorrido comezou pola antiga casa escola e levounos por varias casas de veciñas e veciños que amosaron moito cariño, dedicación e paciencia para explicarnos moita información sobre o traballo no campo.
Estivemos:
-Na casa da Sra. Laura, antiga casa de labranza ambientada como casa museo etnográfico, vimos os apeiros e ferramentas imprescindibles para cultivar a terra, utensilios domésticos e as ferramentas de carpinteiro que usaba o seu home.
-Na casa do Sr. Basilio, vimos un canastro, recibimos unha leción maxistral de como facer un palleiro e debullamos espigas de millo...e algunha cousiña máis.
-Na casa do Sr. Evangelino, no eirado da casa garda aos animais e nos deixou darlles de comer. Tiña cabuxas, ovellas, unha vaca co seu becerro e a burriña Paloma.
-Na casa dos De Simón, vimos o muíño eléctrico para moer os cereais, o forno de pedra para cocer o pan, ademais dimos de comer as galiñas e paseamos pola horta para ver os diferentes cultivos.
-Regresamos polo camiño de Entrefontes e no patio da escola rematamos a nosa visita cun xogo por equipos para completar uns puzzles e resolver unha adiviña.
Foi unha experiencia realmente xenial e desde este blog queremos agradecer o esforzo e a dedicación que nos amosaron e dicirlles que aprendemos moito, moito...
A continuación, a reportaxe gráfica das dúas sesións, esperamos que o visionado das fotos sirva para lembrar esta fantástica excursión:


11 mayo 2014

XX CROSS ESCOLAR VILAVERDE

O alumnado de 3º participou o pasado sábado, 10 de maio, no cross escolar organizado no noso colexio e que xa vai pola súa XX edición.
O mellor foi a ilusión, o entusiasmo amosados e o esforzo por chegar.
Esperamos xa a próxima edición...
Velaquí as fotos do acontecemento:

04 mayo 2014

COMO SE ACHEGA O 17 DE MAIO... TRABALLAMOS A XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO

NAS NOSAS CLASES APARECE UNHA PREGUNTA SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO...
AXUDARÉDESNOS A CONTESTALA?


DESPOIS SEICA IMOS GRAVAR A RESPOSTA EN VÍDEO!!!