20 diciembre 2013

REMATE DE TRIMESTRE: CHOCOLATADA E VISITA DE PAPÁ NOEL


Hoxe foi un día moi especial, rematamos o trimestre cunha chocolatada preparada pola ANPA e servida polas compañeiras e compañeiros de sexto. Ademais acompañamos o chocolate cunha riquísima rosca. As dúas clases de 3º estivemos xuntas e brindamos polo novo ano. Tamén recibimos a visita de Papá Noel que se achegou polo cole para saudarnos e darnos un doce agasallo.




18 diciembre 2013

VISITA DO CARTEIRO

Hoxe visitounos o noso carteiro Carlos, chegou ás clases de 3º a petición das profes que lle comentaron o traballo feito nos últimos días sobre cartas e tarxetas.
Fixemos de periodistas e atendeu con moita amabilidade ás preguntas que tiñamos preparadas para entrevistalo.
Agora sabemos un pouquiño máis desta profesión e xa hai algunha persoa interesada en dedicarse a ela no futuro...o tempo dirá...
Reportaxe gráfica do acontecemento:
    Agora agardaremos con impaciencia a chegada das tarxetas ás nosas casas e, por fin, averiguaremos que amiga ou amigo escribiu a nosa tarxeta.

    16 diciembre 2013

    CONTACONTOS

    Hoxe os grupos de 3º participamos dunha sesión de CONTACONTOS promovida pola Editorial SM relacionada coa nosa lectura de "La vuelta al mundo de la hormiga Miga".
    Foi unha actividade moi entretida levada a cabo polo animador Manuel Solla: recordamos e imitamos capítulos do libro, comentamos as visitas da súa protagonista por distintos países do mundo, organizamos actividades por equipos, debuxamos, coloreamos, compartimos, houbo maxia...
    Ao final quedáronnos doce ilustracións do libro para compartir entre as nosas clases.
    A continuación, podemos ver a reportaxe gráfica da sesión:

    14 diciembre 2013

    CARTAS E TARXETAS DE NADAL

    Esquecemos como remitir unha carta por correo tradicional.
    Pensamos e anotamos o que precisamos para a nosa tarefa...
      
    • Carta ou tarxeta, niso estamos en Plástica e Lingua.
    • Sobre e selo. Averiguaremos onde mercarlos e o prezo.
    No sobre debemos diferenciar entre remitente e destinataria ou destinatario.
    Remitente é a persoa que remite a carta.
    Destinataria/o é a persoa que ten que recibir a carta.
    Para cumprimentar correctamente o sobre hai que:
    • Poñer todos os datos (remitente, destinataria/o e selo).
    • Incluír os datos completos de remitente e destinataria/o. 
    • O selo non pode tapar os datos do sobre.
    En España os datos do remitente habitualmente póñense detrás, pero tamén é válido poñelos diante á esquerda.
    INTERCAMBIO INTERCLASE
    Revisamos os nosos enderezos como remitentes...desvelamos a sorpresa das nosas destinatarias e dos nosos destinatarios
    A QUEN REMITIREMOS AS NOSAS FELICITACIÓNS?
    Fixemos un divertido sorteo e intercambiamos enderezos coas amigas e cos amigos doutro terceiro.
    Preparamos con ilusión as nosas tarxetas dedicadas.
    A continuación, a reportaxe gráfica:

    Todo preparado...falta buscar unha caixa de correos ou unha oficina postal onde deixar os nosos correos.

    *Adiviña, adiviñanza: Que personaxe enredante e viaxeira está xogando dentro do sobre? Se o sabes apunta a resposta nos comentarios.

    13 diciembre 2013

    TARXETAS CON ÁRBORES EN 3D

    Estamos preparando unhas tarxetas con plegado de papel completando un trimestre no que a PAPIROFLEXIA tivo especial protagonismo.
    Podedes ir vendo como quedan as nosas tarxetas con árbores en 3D:


    12 diciembre 2013

    PREMIOS NO CONCURSO DA FUNDACIÓN MENIÑOS: DEREITO Á SAÚDE


    Hoxe estamos de noraboa, unha compañeira de 4 anos, Lucía Barreiro, e dous compañeiros de 1º e 3º , Diego Cobas e Martín Balea, foron premiados no concurso de MENIÑOS sobre os dereitos da infancia e a saúde nos apartados de debuxo e relato. 
    Felicidades á afortunada e aos afortunados e tamén ás nosas aulas por ter participado con ilusión. 
    É un premio a uns traballos concretos, pero para nós, tamén aos esforzos realizados e ao empeño posto por rematalos...sumámonos ás FELICITACIÓNS de todo o noso cole e a ilusión por participar en novos proxectos.

    11 diciembre 2013

    OS CINCO SENTIDOS

    Novas informacións sobre o noso corpo están chegando ás nosas aulas. Esta vez averiguamos información sobre os nosos sentidos:

    http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ninos/web5sentidos/index.htm

    Podedes ver pequenos videos animados clicando nas seguintes imaxes:

    http://youtu.be/uQoKXtwm4Ww

    http://youtu.be/q7e1-Mm5QAQ

    http://youtu.be/KXLkqgX6dL8

    http://youtu.be/bsk3PvuY-uQ

    http://youtu.be/lse43Klmw3Q

    05 diciembre 2013

    6 DE DECEMBRO - DÍA DA CONSTITUCIÓN

    En España, o Día da Constitución celébrase o día 6 de decembro. É un día festivo en toda España no que conmemórase a celebración do Referéndum Constitucional de 1978 no que o pobo español aprobou, por ampla maioría, a actual Constitución Española, en vigor desde entón.

    Nós, aproveitando esta data, na clase de Coñecemento do Medio, repasamos informacións relacionadas con este evento. Visionamos un ppt cun resumo, fixemos moitas preguntas...e tamén fixemos actividades de lingua e matemáticas relacionadas con esta data.

    Para obter máis información clica no seguinte enlace: