19 junio 2015

REMATAMOS O 2º CICLO!

HOXE REMATAMOS AS CLASES.
REMATOU UN CURSO MÁIS NO QUE APRENDEMOS MOITO.
O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS EN 5º!
VÉMONOS ALÍ!

SEGUIR APRENDENDO NAS VACACIÓNS

NAS VACACIÓNS TAMÉN APRENDEMOS:

  • APRENDEMOS CANDO XOGAMOS
  • APRENDEMOS CANDO VISITAMOS UN SITIO NOVO
  • APRENDEMOS CANDO LEMOS
  • ...
NAS VACACIÓNS TEREMOS TEMPO PARA SEGUIR APRENDENDO E REPASANDO. AÍ VAN UNHAS SUXESTIÓNS ONDE AS QUE ELIXIR:

15 junio 2015

CORPOS XEOMÉTRICOS.

Agora que estamos familiarizados coas figuras planas, retomamos a información traballada no curso pasado e traballamos con poliedros e corpos redondos.

Recordamos...
Manipulamos...
Buscamos información...libros, xogos,  internet

https://www.youtube.com/watch?v=-65RnPKnDPA

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Mat_es_ud15_Poliedros/frame_prim.swf
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/mate4_ud15_cilindrocono/frame_prim.swf

12 junio 2015

VISITAMOS AS AULAS DE 5º


computadora-y-ordenador-imagen-animada-0025O curso vindeiro iniciamos 5º e fomos ver como se traballa, cales son os materiais e comentamos co alumnado como lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas diferentes as nosas, traballan co xornal todas as semanas, tamén teñen libretas cuadriculadas e raiadas, pero o que máis chamou a nosa atención e curiosidade son os ORDENADORES PERSOAIS
Explicáronnos as dificultades atopadas e como rapidamente aprenderon a manexarse coa teconoloxía, practicamos algunha que outra cousiña, houbo que cargar un portátil que quedou sen batería, fixemos selfies que despois gardamos, abrimos algunha "carpetiña", preguntamos, escoitamos, compartimos...e ao final intercambiamos agasallos. 

As fotos son mostra dunha sesión cargada de ilusión e compañerismo.

04 junio 2015

ATLAS INTERACTIVO DE AMÉRICA, ESPAÑA E PORTUGAL

http://www.ign.es/atlas_didactico/
Estes días que traballamos XEOGRAFÍA atopamos un atlas interactivo cos territorios de América, España e Portugal. Está elaborado polo Ministerio de Fomento en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional. 
É unha aplicación dixital, dividida en catro módulos de estudo: o Universo, a Terra, Cartografía e o teu país. 
En cada un destes módulos podemos traballar diferentes contidos e navegar para averiguar máis información de cada un dos apartados.

http://www.ign.es/atlas_didactico/
No módulo de CARTOGRAFÍA, por exemplo, pódese traballar coas escalas dun mapa, os tipos de mapa que existen, o funcionamento dos GPS e o mesmo tempo traballar e xogar coa información.
Estes días interésanos a organización territorial, que está no módulo 4. Eleximos un mapa dixital o un territorio do que queiramos obter máis información, por exemplo España, e aparecerá unha ventá como a da imaxe con datos sobre o clima, a poboación, o relevo, o medio natural... 
http://www.ign.es/atlas_didactico/ 
ANIMÁDEVOS A NAVEGAR CON ESTE ATLAS INTERACTIVO

03 junio 2015

O RELEVO DE ESPAÑA

Podemos comezar clicando a imaxe para visionar un pequeno video de como son os sistemas montañosos de España:
http://educacion.practicopedia.lainformacion.com/geografia-e-historia/como-son-los-sistemas-montanosos-espanoles-12679