03 mayo 2017

LETRAS GALEGAS

Este ano homenaxéase a Carlos Casares.
No centro imos realizar varias actividades relacionadas con esta data e este autor:
- traballar a súa biografía
- ler algo da súa obra
Resultado de imagen de carlos casares

Ademais participaremos no XXV CERTAME DE POESÍA do colexio, será a nosa novena participación e comporemos raps na nosa lingua.

28 abril 2017

VISÍTANNOS DENTE O IES

PARA QUE VAIAMOS COÑECENDO ALGUNHAS ESTRUTURAS DO IES VÉÑENNOS VISITAR DENDE O IES.
DESTA VEZ É PARA DARNOS A COÑECER O GRUPO DE MEDIACIÓN.
SÓ NOS VISITARON AS EXALUMNAS E OS EXALUMNOS DO COLEXIO. APROVEITARON PARA COMENTARNOS ALGO SOBRE O ACOSO DO QUE LEVAMOS FALADO MOITO ESTE CURSO NO CENTRO.


27 abril 2017

VISITA DO GRUPO DE MEDIACIÓN DO IES

O EX-ALUMNADO DO COLEXIO QUE AGORA CURSA ESTUDOS DA ESO VEU HOXE AO CENTRO PARA FALARNOS DA MEDIACIÓN E TAMÉN SOBRE O ACOSO.
FOI INTERESANTE RECIBIR UNHA CHARLIÑA A CARGO DAS NENAS E DOS NENOS DO INSTITUTO AO QUE IREMOS AO REMATAR ESTE CURSO E COÑECER ALGUNHA DAS SÚAS ACTIVIDADES

26 abril 2017

OBRADOIRO INNER PEACE

Hoxe desenvolveuse na biblioteca do centro un obradoiro relacionado coa PAZ  e o traballo en valores dirixido por seis persoas de diferentes nacionalidades.
O obxectivo é o de coñecer que A paz debe comezar no noso interior
 Somos "corresponsables" para facer un MUNDO EN PAZ
Escoitamos un conto con moita atención. Vivimos momentos de reflexión, de relax...de paz dentro e fóra.
Resultado de imagen de inner peace

20 abril 2017

HOMENAXE A GLORIA FUERTES

Co gallo da celebración do día do libro, no centro, facemos unha homenaxe a Gloria Fuertes.
Este ano cúmprese o centenario do seu nacemento.
Aprendemos poemas da autora e recítamolos. Ademais traballamos sobre a súa biografía e contribuimos cunha actividade ao mural que se lle dedica dende a Biblioteca

07 marzo 2017

8 DE MARZO, POLOS NOSOS DEREITOS

NESTA SEMANA TRABALLAMOS SOBRE A IGUALDADE E O DEREITO QUE TEMOS TODAS E TODOS A ACCEDER Á PROFESIÓN E AO POSTO QUE MÁIS NOS GUSTE.
Imagen relacionada

COÑECEREMOS A MULLERES QUE TRABALLARON EN OCEANOGRAFÍA, PALEONTOLOXÍA, FOTOGRAFÍA,... MULLERES QUE LOITAN POLOS SEUS DEREITOS.

04 marzo 2017

UNHA SAÍDA EDUCATIVA A SANTIAGO

O VENRES ESTIVEMOS EN SANTIAGO.
O NOSO OBXECTIVO ERA VISITAR O MUSEO DE HISTORIA NATURAL.
O MUSEO ESTÁ BEN ORGANIZADO E PUIDEMOS OBSERVAR ESPECIES ANIMAIS TERRESTRES, ACUÁTICAS E AÉREAS, ADEMAIS DE MINERAIS, METEORITOS, ROCHAS, O SOLO,...
DESPOIS ACHEGÁMONOS ATA A CATEDRAL, ANTES DE ENTRAR MERENDAMOS NUNHA DAS PRAZAS (PRATERÍAS) E DESPOIS  VISITAMOS AS OUTRAS  PRAZAS DO ENTORNO.
NA PRAZA DO OBRADOIRO CELEBRÁMOSLLE O ANIVERSARIO A ALBERTO R. E DESPOIS FOMOS COMER.
https://goo.gl/photos/TzymHTScjpzvDS4Q8

TAMÉN TEMOS UN VÍDEO



Saída a Santiago de Compostela - 6° EP from Alba Blanco on Vimeo.