20 diciembre 2013

REMATE DE TRIMESTRE: CHOCOLATADA E VISITA DE PAPÁ NOEL


Hoxe foi un día moi especial, rematamos o trimestre cunha chocolatada preparada pola ANPA e servida polas compañeiras e compañeiros de sexto. Ademais acompañamos o chocolate cunha riquísima rosca. As dúas clases de 3º estivemos xuntas e brindamos polo novo ano. Tamén recibimos a visita de Papá Noel que se achegou polo cole para saudarnos e darnos un doce agasallo.




18 diciembre 2013

VISITA DO CARTEIRO

Hoxe visitounos o noso carteiro Carlos, chegou ás clases de 3º a petición das profes que lle comentaron o traballo feito nos últimos días sobre cartas e tarxetas.
Fixemos de periodistas e atendeu con moita amabilidade ás preguntas que tiñamos preparadas para entrevistalo.
Agora sabemos un pouquiño máis desta profesión e xa hai algunha persoa interesada en dedicarse a ela no futuro...o tempo dirá...
Reportaxe gráfica do acontecemento:
    Agora agardaremos con impaciencia a chegada das tarxetas ás nosas casas e, por fin, averiguaremos que amiga ou amigo escribiu a nosa tarxeta.

    16 diciembre 2013

    CONTACONTOS

    Hoxe os grupos de 3º participamos dunha sesión de CONTACONTOS promovida pola Editorial SM relacionada coa nosa lectura de "La vuelta al mundo de la hormiga Miga".
    Foi unha actividade moi entretida levada a cabo polo animador Manuel Solla: recordamos e imitamos capítulos do libro, comentamos as visitas da súa protagonista por distintos países do mundo, organizamos actividades por equipos, debuxamos, coloreamos, compartimos, houbo maxia...
    Ao final quedáronnos doce ilustracións do libro para compartir entre as nosas clases.
    A continuación, podemos ver a reportaxe gráfica da sesión:

    14 diciembre 2013

    CARTAS E TARXETAS DE NADAL

    Esquecemos como remitir unha carta por correo tradicional.
    Pensamos e anotamos o que precisamos para a nosa tarefa...
      
    • Carta ou tarxeta, niso estamos en Plástica e Lingua.
    • Sobre e selo. Averiguaremos onde mercarlos e o prezo.
    No sobre debemos diferenciar entre remitente e destinataria ou destinatario.
    Remitente é a persoa que remite a carta.
    Destinataria/o é a persoa que ten que recibir a carta.
    Para cumprimentar correctamente o sobre hai que:
    • Poñer todos os datos (remitente, destinataria/o e selo).
    • Incluír os datos completos de remitente e destinataria/o. 
    • O selo non pode tapar os datos do sobre.
    En España os datos do remitente habitualmente póñense detrás, pero tamén é válido poñelos diante á esquerda.
    INTERCAMBIO INTERCLASE
    Revisamos os nosos enderezos como remitentes...desvelamos a sorpresa das nosas destinatarias e dos nosos destinatarios
    A QUEN REMITIREMOS AS NOSAS FELICITACIÓNS?
    Fixemos un divertido sorteo e intercambiamos enderezos coas amigas e cos amigos doutro terceiro.
    Preparamos con ilusión as nosas tarxetas dedicadas.
    A continuación, a reportaxe gráfica:

    Todo preparado...falta buscar unha caixa de correos ou unha oficina postal onde deixar os nosos correos.

    *Adiviña, adiviñanza: Que personaxe enredante e viaxeira está xogando dentro do sobre? Se o sabes apunta a resposta nos comentarios.

    13 diciembre 2013

    TARXETAS CON ÁRBORES EN 3D

    Estamos preparando unhas tarxetas con plegado de papel completando un trimestre no que a PAPIROFLEXIA tivo especial protagonismo.
    Podedes ir vendo como quedan as nosas tarxetas con árbores en 3D:


    12 diciembre 2013

    PREMIOS NO CONCURSO DA FUNDACIÓN MENIÑOS: DEREITO Á SAÚDE


    Hoxe estamos de noraboa, unha compañeira de 4 anos, Lucía Barreiro, e dous compañeiros de 1º e 3º , Diego Cobas e Martín Balea, foron premiados no concurso de MENIÑOS sobre os dereitos da infancia e a saúde nos apartados de debuxo e relato. 
    Felicidades á afortunada e aos afortunados e tamén ás nosas aulas por ter participado con ilusión. 
    É un premio a uns traballos concretos, pero para nós, tamén aos esforzos realizados e ao empeño posto por rematalos...sumámonos ás FELICITACIÓNS de todo o noso cole e a ilusión por participar en novos proxectos.

    11 diciembre 2013

    OS CINCO SENTIDOS

    Novas informacións sobre o noso corpo están chegando ás nosas aulas. Esta vez averiguamos información sobre os nosos sentidos:

    http://www.banrepcultural.org/blaavirtual/ninos/web5sentidos/index.htm

    Podedes ver pequenos videos animados clicando nas seguintes imaxes:

    http://youtu.be/uQoKXtwm4Ww

    http://youtu.be/q7e1-Mm5QAQ

    http://youtu.be/KXLkqgX6dL8

    http://youtu.be/bsk3PvuY-uQ

    http://youtu.be/lse43Klmw3Q

    05 diciembre 2013

    6 DE DECEMBRO - DÍA DA CONSTITUCIÓN

    En España, o Día da Constitución celébrase o día 6 de decembro. É un día festivo en toda España no que conmemórase a celebración do Referéndum Constitucional de 1978 no que o pobo español aprobou, por ampla maioría, a actual Constitución Española, en vigor desde entón.

    Nós, aproveitando esta data, na clase de Coñecemento do Medio, repasamos informacións relacionadas con este evento. Visionamos un ppt cun resumo, fixemos moitas preguntas...e tamén fixemos actividades de lingua e matemáticas relacionadas con esta data.

    Para obter máis información clica no seguinte enlace:

    23 noviembre 2013

    UN MES DE NOVEMBRO CHEO DE CELEBRACIÓNS

    DURANTE O MES DE NOVEMBRO HAI MOITAS DATAS SOBRE AS QUE DEBATER, COMENTAR, REFLEXIONAR,...
    NA CLASE, A PRIMEIRA QUE APARECEU FOI A DO 20 DE NOVEMBRO E OS DEREITOS DA INFANCIA.
    EN CURSOS ANTERIORES TRABALLARAMOS O DEREITO A TER UN NOME, O DEREITO A TER UNHA FAMILIA, O DEREITO A IR Á ESCOLA,... NESTE CURSO CENTRÁMONOS MÁIS NO DEREITO Á SAÚDE. TRABALLAMOS MOITOS ASPECTOS RELACIONADOS: ALIMENTACIÓN, EXERCICIO FÍSICO,... E TODO ISO AO REDOR DA TEMÁTICA DO CORPO HUMANO COA QUE ANDAMOS NESTE TRIMESTRE.
     E ADEMAIS IMOS PARTICIPAR COA FUNDACIÓN MENIÑOS NUN CONCURSO DE RELATOS.RELACIONADOS CO DEREITO Á SAÚDE, XA VOS POÑEREMOS ALGÚN...

    A SEGUNDA DESAS CELEBRACIÓNS É A DO DÍA DA PALABRA, 23 DE NOVEMBRO. 
    OS LIBROS ESTÁN CHEOS DE PALABRAS: PALABRAS LONGAS, PALABRAS CURTAS, PALABRAS RELACIONADAS COA SAÚDE, PALABRAS QUE SE REFIREN AO CORPO HUMANO, PALABRAS MATEMÁTICAS, PALABRAS DE CONTO, PALABRAS DOCES,...
    NÓS IMOS FACER SOPAS DE PALABRAS, XA VEREDES CANTAS SE NOS OCORREN!
    ADEMAIS LEREMOS DÚAS HISTORIAS QUE TEÑEN QUE VER COA PALABRA: "LA NIÑA QUE ODIABA LOS LIBROS" E "LA TEJEDORA DE HISTORIAS".

    E ... FALANDO DE PALABRAS... TAMÉN HAI PALABRAS QUE NON NOS GUSTAN PORQUE O QUE SIGNIFICAN NON É AGRADABLE... POR EXEMPLO... MALTRATO. ASÍ QUE LOITAREMOS CONTRA O MALTRATO SEMPRE E LEMBRAREMOS ISTO O 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO. HAI MOITAS PALABRAS QUE SE RELACIONAN CO MALTRATO E MESMO SE PODE MALTRATAR COA PALABRA. REFLEXIONAREMOS SOBRE ISTO CON LECTURAS E UN CONTO.


    ENSÍNANOS UN XOGO (3)

    Hoxe Daniel e María, pai e nai de Miguel (5 anos A) e Álex (3º A) fíxéronos partícipes dun divertido xogo chamado o bote.
    Escoitamos con moita atención a explicación da actividade na aula. Fixemos moitísimas preguntas...Despois baixamos ao patio coa ilusión de poñelo en práctica.
    Podedes ver como resultou na seguinte reportaxe gráfica:

    Moi pronto incorporaremos a ficha explicativa do xogo para poder difundilo e practicalo coas nosas familias e amizades.
    Unha vez máis agradecemos a colaboración das familias, foi estupendo contar con vós.

    20 noviembre 2013

    SAÚDE, ALIMENTACIÓN E ACTVIDADES FÍSICAS

    Estamos traballando o coidado do noso corpo.
    Para manter unha boa saúde é necesaria unha alimentación equilibrada, hixiene e actividade física.
    Desde hai días, tratamos diferentes informacións sobre as características dunha boa alimentación: tipos de alimentos pola súa orixe, grupos de alimentos polos seus nutrintes, a pirámide de alimentos...
    Hoxe, para aumentar o noso interese por estes asuntos, recibimos con entusiasmo a visita duns monitores acompañados por un simpático deportista da Sociedade Deportiva Teucro, equipo de balonmán da nosa cidade.
    Comentaron algunhas cousiñas relacionadas co seu deporte e despois animáronnos a facer unha vida máis sana revisando con nós unha animación e atendendo ás nosas preguntas que foron moi numerosas.
    Para rematar convidáronnos a unha merenda sá: iogurt, peza de froita e auga.
    Nas seguintes fotos podemos recordar algúns momentos da exposición e de como participamos desta actividade.
    Nós, pouco a pouco, seguimos clasificando alimentos e imos enchendo as nosas pirámides de alimentos...
    Proba a xogar clicando sobre:

    15 noviembre 2013

    ENSÍNANOS UN XOGO (2)


    Hoxe tivo lugar a segunda sesión ENSÍNANOS UN XOGO.
    A actividade foi posible coa colaboración de Miguel Cogolludo, pai de María (3ºB) e Aldara (6º A). 
    Explicounos como un globo pode facer de motor de propulsión dun coche de xoguete.
     Fixemos varias probas. Estivemos moi atentas e atentos, houbo moitas preguntas...
    Tamén comprobamos que, ás veces, as cousas por moito empeño que poñamos non sempre saen á primeira...pero insintimos e persistimos. 
    Agora, pola nosa conta, practicaremos nas nosas casas e compartirémolo. 
    Aplausos para este papá que nos dedicou con ilusión un chisquiño do seu tempo.

    13 noviembre 2013

    ENSÍNANOS UN XOGO (1)

    Á proposta do EDL e coa colaboración de María, nai de Julia (5 anos B) e Víctor (5º B), gozamos da nosa primeira sesión de ENSÍNANOS UN XOGO. Xa tiñamos ganas de que nos tocase algún!
    Trátase do xogo da CHAQUETA, parécese ao xogo do pano, pero un chisco máis difícil, sobre todo, polo de atar as mangas...podedes ver que ben o pasamos nas seguintes fotos:

    Desde aquí queremos agradecerlle a esta mamá os momentos tan divertidos que compartimos.
    Tamén axudou o tempo porque segue o verán de San Martiño...

    FOMOS DE COMPRAS...RESOLVEMOS PROBLEMAS REAIS

    Hoxe na clase de coñecemento do medio seguimos traballando os tipos de alimentos pola súa orixe. A continuación organizados e organizadas por equipos "saímos" de compras coas seguintes consignas:
    -Organizarnos por equipo-mesa.
    -Escoller a compra que imos realizar entre os folletos publicitarios de supermercados que temos recollidos:

    O equipo Nº1 (Textos): Escoller dous produtos de orixe animal.
    O equipo Nº2 (Océanos): Escoller tres produtos de orixe vexetal.
    O equipo Nº3 (Capitais europeas): Escoller un produto de orixe animal e outro de orixe vexetal.
    O equipo Nº4 (Corpos xeométricos): Escoller un produto de orixe animal e outro de orixe mineral.
    O equipo Nº5 (Animais vertebrados): Escoller un produto de orixe vexetal e outro de orixe mineral.
    O equipo Nº6 (Relevo): Escoller tres produtos, un de cada tipo.

    Tesoiras en man, houbo que consensuar, a elección foi rápida. Entre os produtos de orixe mineral non había moita variedade...

    -Decidir os cartos que precisabamos para pagar e anotalo.

    A profe emprestounos os cartos que lle solicitamos, pero agora temos que...

    -Facer contas e devolver o que sobrou. 

    A resolución da tarefa deu lugar a moitas situacións problemáticas que se tiveron que resolver, presentou moitas dúbidas e deu lugar a reflexións, estimacións, busca de estratexias,...
     Producíronse solucións xeniais, hipóteses e anéctodas. A destacar entre outras moitas anécdotas, todas elas motivo de reflexión do grupo:
    * Houbo que ver os ingredientes da "ensalada" para incluila como produto de orixe vexetal...cantas ensaladas podemos facer con atún, anacos de queixo, embutido...
    * Nun grupo houbo que decidir cantos packs de auga se collían porque o prezo era diferente segundo o número adquirido.
    * A maioría dos grupos adoptaron como estratexia sumar euros por un lado e céntimos por outro (e non falamos de decimais...) porque os produtos, claro, non tiñan o prezo xusto...
    * Dous grupos insistían na cantidade xusta de euros e céntimos, querían evitar voltas...pero na carteira non sempre temos xusto... e o empréstito de cartos tiña que ser co que había...

    Cada equipo redactará o seu propio problema e ademais explicará ao resto da clase como puido resolvelo.






    11 noviembre 2013

    RESOLVEMOS PROBLEMAS

    Xa comprobamos que as matemáticas están en todo o que nos rodea e son necesarias para resolver situacións que se producen de cote. 
    Por iso, practicamos e practicamos a resolución de problemas (oralmente, no EDI, por escrito, de unha persoa nunha persoa, por parellas e ata por equipos)...tamén inventamos problemas. 
    Esta semana iniciamos un xogo por equipos para poñer en práctica o que imos aprendendo.
    Moi pronto poderemos compartir o noso traballo.
    O seguinte video repasa os pasos que debemos seguir na resolución dun problema:

    08 noviembre 2013

    CELEBRAMOS O MAGOSTO

    Este ano ademais de traballar sobre o que significa esta celebración, traballar sobre o outono, ler textos relacionados coa estación e coa festa, despois de realizar actividades plásticas como a elaboración dun cestiño para as castañas e musicais, tamén aprendemos xogos...moitos xogos.
    Hoxe contamos cuns xogos emprestados polo Concello do Grove cos que gozamos un montón...e despois...baixamos ao patio para xuntos e xuntas degustar as riquísimas castañas asadas coa colaboración de Paco e o alumnado de sexto.
    Aí van as fotos que recordan o acontecemento:

    07 noviembre 2013

    UN PRECIOSO DOCUMENTAL

    Na clase de coñecemento do medio tivemos a oportunidade de ver un "cachiño" dunha película-documental moi recomendable:
    É unha película do ano 1996 sobre a vida duns pequenos animais que habitan nun xardín durante un día e unha noite. Foi un documental moi premiado e destaca tamén a súa banda sonora. A continuación, poñemos o enlace para gozar en familia desta produción:

    http://www.youtube.com/watch?v=MA6Vihywu1I


    A nosa sorpresa foi maiúscula cando chegamos ao minuto dezaoito e observamos na película o que levamos días investigando na clase.
    Agora estamos desexando rematar o noso pequeno proxecto e presentarllo á clase de 3ºB. Hai que esperar uns poucos días porque temos por medio o MAGOSTO e outras moitas actividades...
    Ademais seguimos traballando sobre o corpo humano...

    30 octubre 2013

    XOGOS E LIBROS DAS NOSAS AVOAS E DOS NOSOS AVÓS

    Hai uns días, despois da proposta chegada desde o EDL sobre xogos e xoguetes en colaboración coas familias, o noso compañeiro Samuel foi á casa do seu avó en Melide e atopou uns libros moi antigos.
    Trátase dunha enciclopedia, un texto escolar e unha axenda de mestre - onde aparecían xogos que gozaban as nenas e os nenos daquela época -.
    Comentounos de cando databan os libros e asi puidemos calcular os anos que tiñan...outra vez as "mates" por medio...
    Tamén reparou na explicación do xogo das antorchas. Fixemos copias e repartímolas entre as dúas clases para ler e comentar...buscaremos un tempo para practicalos.

    COMEZA UNHA GRANDE VIAXE AO REDOR DO MUNDO

    Hoxe iniciamos a lectura dun libro moi entretido que nos irá contando as aventuras da formiga Miga por distintos países  ao redor do mundo... Buscamos gozar coa súa lectura e aprender moitas cousas que iremos compartindo.

    28 octubre 2013

    UNHA CURIOSIDADE NA VENTÁ

    Hoxe, a golpe de luns, ás 9 da mañá, atopámonos cunha situación que nos causou moita curiosidade: Observamos o que parecía unha  couza de gran tamaño atrapada nunha tea de araña e cando xa estabamos animadas e animados polo descubrimento...sorpresa...apareceu a dona da tea, unha araña de importante tamaño, que foi directa "zamparse" á súa presa...case sen tempo, fomos quen de localizar unha cámara para inmortalizar o momento, asi poidemos rexistralo minutos despois:
    araña e couza desapareceron en pouco tempo e as preguntas comezaron a saír:
    -Que tipo de bichos son?
    -Como fan as teas de araña?
    -De que se alimentan as arañas?
    -Como capturan as súas presas?
    Agora que levamos moito aprendido sobre langostas, xa estamos preparadas e preparados para averiguar algunha cousiña sobre as ARAÑAS.

    EL RAP DE LOS ARÁCNIDOS

    27 octubre 2013

    EXPOSICIÓN DE CABAZAS - HALLOWEEN

    Un ano máis, a proposta das "teachers" de Inglés, nos corredores do cole poden verse vistosas cabazas que anuncian a proximidade dunha celebración...
    A continuación, podedes admirar algunhas das cabazas do alumnado de terceiro:

    25 octubre 2013

    XA SABEMOS QUEN NOS MANDOU AS TARXETAS!

    POR FIN HOXE DESVELOUSE O MISTERIO...
    XA SABEMOS QUEN REMITÍU AS TARXETAS!
    OGALLÁ QUE NOS MANDE MÁIS.

    ANTÍO E LAMPI COINCIDEN COAS SÚAS CARTAS

    ANTÍO XA ESTÁ NO COLEXIO FACÉNDONOS LEMBRAR O QUE SABEMOS DO OUTONO E DO MAGOSTO. REPASAMOS BEN TODO PARA PODERLLE FACER UN CONTO EN CONDICIÓNS.
    O CONTO COMEZOU EN INFANTIL DE TRES ANOS E ESTAMOS A AGARDAR A QUE NOS CHEGUE PARA CONTINUALO... DE QUE FALARÁ? QUEN SERÁ O PROTAGONISTA?

    LAMPI, POLA SÚA PARTE TAMÉN NOS MANDOU UNHA CARTA, ESTÁ DE CELEBRACIÓN, FOI O SEU DÍA O 24. AGASALLOUNOS CUN CONTIÑO ("O CLARO DO BOSQUE) E CUN TEXTO INSTRUTIVO... UN EXPERIMENTO! IMOS VER SE NOS SAE... DE SER ASÍ IMOS POÑER FOTOS.
     CON LAMPI IMOS APRENDER COMO SE COLOCAN OS LIBROS NA BIBLIOTECA E QUE É ISO DO CDU.

    14 octubre 2013

    MÁIS INFORMACIÓN DA LANGOSTA

    Hoxe na pantalla da clase vimos un pequeno vídeo con informacións moi curiosas e impresionantes imaxes, que pedimos reproducir no noso blog para podelas mostrar ás nosas familias:

    11 octubre 2013

    INSTRUCIÓNS E TEXTOS INSTRUTIVOS

    NON PARAMOS DE TRABALLAR!
    OS TEXTOS INSTRUTIVOS INVÁDENNOS: TÉMOLOS ESCRITOS, EN VÍDEO, EN GRÁFICOS.
    TEMOS INSTRUTIVOS PARA FACER MARCOS DE FOTOS, PARA ELABORAR VASOS DE AUGA, PARA LAVAR, PARA FACER RECEITAS, PARA FACER XOGOS,...

    SEGURO QUE VAN SEGUIR APARECENDO TEXTOS INSTRUTIVOS... HABERAOS EN MATEMÁTICAS?

    10 octubre 2013

    UNHAS MISTERIOSAS TARXETAS CON RETAZOS DE HISTORIAS

    ESTES DÍAS APARECERON NA CLASE UNHAS TARXETAS.
    VIÑAN DIRIXIDAS A NÓS!
    QUEN NOLAS REMITIRÁ?
    SERÁ ANTÍO QUE XA VÉN PARA CELEBRAR O MAGOSTO?
    O CASO É QUE AS POSTAIS TRAEN UNHA HISTORIA, PERO NON SABEREMOS COMO REMATAN ATA RECIBILAS TODAS. TEMOS MOITA INTRIGA!
    ADEMAIS SABEMOS QUE OUTRAS CLASES TAMÉN RECIBEN TARXETAS E QUE AS TARXETAS TODAS UNIDAS FORMAN UN DEBUXO.

    XA VOS SEGUIREMOS CONTANDO...O QUE XA PODEMOS ADIANTAR É O MOITO QUE ESTAMOS DISFRUTANDO COAS SÚAS LECTURAS:

    UN PROXECTO QUE SEGUE...

    10-10-13

    COMEZA CHEGAR INFORMACIÓN

    FOTOS 1

    POSTA EN COMÚN. DEBATE

    Toda a clase afirma que se trata dun insecto...pero ninguén logra explicalo de modo convincente (o tamaño pequeno, é un bicho, ten moitas patas...).
    Buscamos no libro de aula e no dicionario e comparamos:
    Ten cabeza con dúas antenas, ten tórax e abdome diferenciado, ten seis patas e pensamos que ten ás -pero pechadas-

    FOTOS 2

    Cristina buscou na súa casa información sobre a mantis relixiosa e foi léndonos as súas características, non coincidían coas que puidemos ver nas fotos. Observamos a foto dunha mantis relixiosa e comprobamos que é un insecto diferente.
    Martín B. e Gadea pensan que se trata dun saltón. Teñen información para demostralo. 

    FOTOS 3

    Iniciamos a busca de imaxes en internet e comprobamos que hai “saltóns” moi parecidos...seguimos buscando nos libros que apareceron na clase e...atopamos a resposta:


    FOTOS 4
    É UNHA LANGOSTA EXIPCIA

    11-10-13

    Vai chegando máis información...lémola, comentámola.

    FOTOS 5



    09 octubre 2013

    VISÍTANOS UN INSECTO

    08-10-13
    UNHA CURIOSA VISITA
    Onte ás 11 da mañá, na clase de Coñecemento do Medio, sentímonos “expiados”.
    Alguén observaba por unha das ventás da clase.
    Era un “bicho” enorme, de longas patas, estaba inmóbil...alguén dixo que parecía morto. De súpeto, moveu unha pata, logo outra, moveuse polo cristal e novamente inmóbil.
    Álex tivo unha idea: tirarlle unhas fotos para observalo na pantalla.
    Pouco despois, o bicho desapareceu, non sabemos se saltou ou se tiña ás para voar, o asunto é que a nosa curiosidade comezou a medrar e a medrar...
    Miguel apuntou que debíamos colgar as fotos no noso blog para poder mostralas na casa e comezar a nosa investigación.

    09-10-13
    COMEZA A NOSA INVESTIGACIÓN
    Hoxe puidemos descargar as fotos no noso ordenador de aula e velas na pantalla.

    Foi algo extraordinario porque observamos un montón de detalles aumentando o tamaño das fotos.






    Despois anotamos as nosas obsevacións:
    Cristina: “Creo que es un saltamontes”.
    Carme: “Tiene pelos en las patas”.
    Gadea: “Tiene la boca morada y las patas como rayadas”.
    Cristina y Clara: “Tiene los ojos con rayas”.
    Laura: “Las patas tienen como piel y son más gordas antes de la articulación y en el último trozo son mucho más delgadas”.
    Manuel: “Vi que saltó y parece que planeó”.
    Alba: “Parecía que tenía pelo en la cara”.
    Andrés: “En las patas parece que tiene pinchos”.
    Héctor: “No puede volar”.
    Silvia: “Parecía que tenía tres dedos en las patas delanteras”.
    Cristina: “Más bien parecían picas”.
    Iago: “Tiene dos antenas”.
    Martín Balea: “Parece que los pelos de las patas le sirven para escalar”.
    Estela: “Es curiosa la boca”.
    Natalia: “En la zona de las alas parecía que tenía como escamas”.
    Esteban: “Vi ocho patas, aunque dos estarían en la boca dónde explicaba Estela”.
    Dani: “Creo que es una nueva especie de bicho”.
    Martín González: “Creo que es una mantis religiosa”.
    Manuel: “No, yo vi una y no se parece nada a este bicho”.
    Samuel: “En al foto se ve que tenía muy plegada una pata”.
    Clara: “Es de color castaño claro, como amarillento y los ojos con rayas marrones”.
    Gabriel: “Color marrón clarito”.
    Laura: “Más bien color carne”.

     
    QUE QUEREMOS SABER:

    -QUE ANIMAL É?

    -A SÚA ALIMENTACIÓN

    -COMO É O SEU CORPO?

    -O SEU HABITAT

    -CANTO TEMPO VIVE?

    -DIFERENZA ENTRE MACHO E FEMIA

    -DESPRAZAMENTO: CAMIÑA? SALTA? VOA?

    -ONDE PODEMOS ATOPAR ESTES ANIMAIS E QUE ESTÉN XUNTOS?

    -COÑECER ANIMAIS PARECIDOS

    -COMO SON CANDO NACEN?

    -PODEN CAMBIAR DE COR?

    -COMO SE REPRODUCEN?

    -COMO SE RELACIONAN?

    -SE PERDEN UNHA PARTE DO CORPO, VOLVE A MEDRARLLE?


    ONDE BUSCAMOS INFORMACIÓN?

    -Internet
    -En libros de animais, nas enciclopedias
    -En documentais
    -Na biblioteca
    -Preguntando as nosas familias
    -En noticias de periódicos
    -Na radio, na televisión...
    -Observando as fotos

    12 septiembre 2013

    O NOSO 1º DÍA EN 3º

    XA ESTAMOS NAS AULAS DE 3º.
    SON AULAS ESTUPENDAS E ESTAMOS APRENDENDO AS NORMAS E OS XEITOS DE TRABALLAR NO NOVO CICLO.
    AS NOSAS TITORAS SON PILAR, DORI E MAITE.

    05 septiembre 2013

    FALTA POUQUIÑO PARA QUE COMECEMOS UN NOVO CICLO

    O VINDEIRO DÍA 11 DE SETEMBRO IMOS COMEZAR UN NOVO CURSO.
    ESTAREMOS NO 2013-2014 E FAREMOS 3º.
    QUE ESTARÍAN FACENDO CARVI E MIRSÉ NAS VACACIÓNS?: SEGURO QUE FORON DE VIAXE, QUE LERON MOITO E QUE ESTIVERON ARGALLANDO COUSAS NOVAS CO RESTO DAS MASCOTAS.

    ¡?



    28 junio 2013

    IMOS DE VACACIÓNS

    XA REMATOU ESTE CURSO, REMATAMOS CICLO.
    O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS EN TERCEIRO!
    IMOS LER MOOOOOOOTÍSIMO, XOGAR, PASEAR, DESCANSAR E... REPASAR UN CHISQUIÑO PARA COMEZAR 3º CON ÉXITO

    FELIZ VERÁN!!!

    07 junio 2013

    QUEREDES SABER COMO É 3º?

    HOXE ESTIVEMOS VISITANDO AS AULAS DE 3º.
    AS NENAS E OS NENOS DESAS CLASES RECIBÍRONNOS MOI BEN. ENSINÁRONNOS OS MATERIAIS QUE TEREMOS: LIBROS, CADERNOS, DICIONARIOS,...
    FALÁRONNOS DO QUE FACÍAN... VIMOS A NOVA AXENDA, É MÁIS PEQUENA QUE A QUE TEMOS AGORA...
    NÓS LEVÁMOSLLES UN AGASALLO E... SABEDES? TIÑAN OUTRO AGASALLO FERMOSO PARA NÓS.

    AXUDAMOS EN INFANTIL DE TRES ANOS

    AS NENAS E OS NENOS DE TRES ANOS PRECISABAN AXUDA PARA CUBRIR UNHAS FOLLAS DO LIBRIÑO SOBRE ROSALÍA... ASÍ QUE... ALÁ FOMOS NÓS!

    05 junio 2013

    PENSA, ALIMÉNTATE, AFORRA

    ESE É O LEMA DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE ESTE ANO.
    HAI MOITA XENTE QUE PASA FAME NO MUNDO... ASÍ QUE TEMOS QUE PENSAR EN AFORRAR, NON MALGASTAR A COMIDA, COMER DE TODO, NON PASARNOS...
    IMOS REFLEXIONAR MOITO SOBRE O TEMA AO LONGO DESTES DÍAS, AS MASCOTAS MANDÁRONOS UNHA CARTIÑA PARA QUE DEBATAMOS NA CLASE SOBRE O TEMA.

    10 mayo 2013

    LECTURA DE POEMAS SELECCIONADOS E CONTADA DE CHISTES NO CICLO

    HOXE PARTICIPAMOS NA LECTURA DE POEMAS QUE FORON SELECCIONADOS PARA O "CERTAME DE POESÍA".
    QUE BONITOS TODOS!
    TAMÉN CONTAMOS O CHISTES E VOTAMOS OS QUE MÁIS NOS GUSTARON PARA LEVALOS Á FESTA DAS LETRAS QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO MÉRCORES NO PATIO DO COLEXIO.


    06 mayo 2013

    A VOLTAS CO CERTAME DE POESÍA

    Agora estamos traballando coa poesía, temos propostas para un obradoiro e... estamos facendo textos poéticos moi bonitos!
    Xa vos amosaremos algo do que resultou.
    Ademais imos comezar o traballo ao redor de Vidal Bolaño, que é o autor homenaxeado este ano nas letras galegas.
    Para ir sabendo algo del podedes clicar aquí.

    01 mayo 2013

    28 abril 2013

    AS SESIÓNS DE CONTACONTOS PARA CELEBRAR A SEMANA DO LIBRO

    DURANTE A SEMANA DO LIBRO OS NENOS E AS NENAS DE 2º CONTAMOS CONTOS ACUMULATIVOS A OUTRAS CLASES.
    SAÍUNOS TODO XENIAL.
    MIRADE O VÍDEO

    POÑÉMOSVOS FOTOS...

    Contos acumulativos 2º: PEDRO MIÑOL E A SÚA COL e A VODA DO PIOLLO E A PULGA

    23 abril 2013

    UNHA VISITA A PONTEVEDRA IMITANDO AO LIBRO DOS BOLECHAS

    O PASADO VENRES FIXEMOS UNHA SAÍDA POR PONTEVEDRA.
    NUNHA CIDADE HAI MOITAS PROFESIÓNS E A NÓS FALÁRONOS DAS PROFESIÓNS E OFICIOS ANTIGOS DAS PRAZAS DE PONTEVEDRA: CANTEIROS. FERREIROS, LEÑADORAS E LEÑADORES, AGUADORAS,...
    MESMO TIVEMOS OPORTUNIDADE DE FACER DE AGUADORAS E AGUADORES...
    VISITAMOS AS PRAZAS MÁIS IMPORTANTES E VIMOS ALGÚNS MONUMENTOS.
    AO FINAL O GUÍA REGALOUNOS UNS LIBROS DOS BOLECHAS CO MESMO PERCORRIDO QUE FIXERAMOS NÓS.
    ESTAMOS DESEXANDO VOLVER REPETIR A SAÍDA PERO CON MAMÁ E PAPÁ, CONTARÉMOSLLES AS ANÉCDOTAS QUE APRENDEMOS E LEVAREMOS O LIBRIÑO QUE NOS SERVIRÁ DE GUÍA.

    13 abril 2013

    UNHA CONFERENCIA SOBRE O UNIVERSO A 5º

    O VENRES DEMOS UNHA CONFERENCIA SOBRE O UNIVERSO A 5º.
    DEIXÁMOLOS ABRAIADOS CON TODO O QUE SABIAMOS GRAZAS AO PROXECTO QUE FIXEMOS.

    10 abril 2013

    A ILUSTRADORA DO LIBRO

    HOXE VISITOUNOS A ILUSTRADORA DO LIBRO QUE LEVAMOS LENDO TODO O TRIMESTRE: "PESADELO NO TREN CHOCOLATE".
    FOI UNHA VISITA INCRIBLE.
    GUSTOUNOS MOITO COMO REALIZA AS ILUSTRACIÓNS.
    FIXEMOS MOITAS PREGUNTAS,,,
    DESPOIS ASINÁRONNOS EXEMPLARES DOS LIBROS.

    21 marzo 2013

    UN NOVO PROXECTO COMEZARÁ

    TEMOS UN CARTEL CUNHA PAISAXE: CAMPO, CIDADE E MAR.
    TAMÉN TEMOS MOITAS IMAXES-CROMO DE PROFESIÓNS, DE OFICIOS,...
    TIVEMOS QUE TENTAR RELACIONAR AS IMAXES CO CARTEL E FALAR DO QUE SABIAMOS DESAS PROFESIÓNS
    EN GRAN GRUPO FOMOS DEBATENDO E COMENTANDO

    AGORA TEREMOS QUE INVESTIGAR PARA COMPLETAR O QUE SABEMOS... IDE VENDO ESTE VÍDEO PARA COÑECER ALGO DO PROXECTO:

    11 marzo 2013

    UN PROXECTO SOBRE A AUGA E O AIRE... EXPERIMENTOS

    ESTAMOS TRABALLANDO NUN PROXECTO SOBRE A AUGA E O AIRE.
    DESTA VEZ BUSCAMOS INFORMACIÓN EXPERIMENTANDO:
    • VIMOS QUE O AIRE, OS GASES,  ESTÁN EN TODAS PARTES... ATA NA TERRA DO PATIO
    • QUE TAMÉN HAI AIRE NUN BOTE... INDA QUE NON O VEXAMOS... POR ISO NON SE PODE INFLAR UN GLOBO DENTRO DEL..
    • QUE SE FORMAN GASES UNINDO SUBSTANCIAS COÑECIDAS... E SON CAPACES DE INFLAR GUANTES E FACER MANS XIGANTES
    • O AIRE PESA
    • A AUGA CANDO SE CONXELA OCUPA MÁIS VOLUME
    • NA AUGA HAI COUSAS QUE FLOTAN E COUSAS QUE SE FUNDEN
    • NA AUGA DISÓLVENSE MOITAS SUBSTANCIAS: O SAL, O AZUCRE,...
    • PODEMOS FACER FLOTAR ALGO SE CAMBIAMOS AS PROPIEDADES DA AUGA... POR EXEMPLO, PODEMOS FACER FLOTAR UN OVO
    • TAMÉN PODEMOS FACER QUE UN PAPEL POIDA FLOTAR SOBRE A AUGA E SOSTER PESOS... E SE MODIFICAMOS A FORMA DO PAPEL... ¡SOPORTA MOITOS OBXECTOS MÁIS!
    • A AUGA TEN TENSIÓN SUPERFICIAL... PODEMOS FACER FLOTAR UN ALFINETE... E TAMÉN QUE UN ANACO DE PAPEL DE ALUMNIO SAÍA DISPARADO SE ROMPEMOS A TENSIÓN SUPERFICIAL CON DETERXENTE
    • COA AUGA PODEMOS FACER QUE SE DESCOMPOÑAN CORES
    • E...

    08 marzo 2013

    CARAPUCHIÑA LOITANDO POLA IGUALDADE

    ESTE ANO CARAPUCHIÑA VERMELLA AXUDOUNOS A REFLEXIONAR SOBRE A NECESIDADE DA IGUALDADE
    TRABALLAMOS CON DIFERENTES VERSIÓN DO CONTO E ESPECIALMENTE CON UNHA.
    CLICADE AQUÍ PARA VELA.

    02 marzo 2013

    FOMOS VISITAR A EXPOSICIÓN DE 5º

    AS NENAS E OS NENOS DE 5º ELABORARON UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS FERRAMENTAS E ÚTILES DA PREHISTORIA.
    ESTIVERAN TRABALLANDO NUN PROXECTO SOBRE A PREHISTORIA E CO QUE INVESTIGARON DECIDIRON FACER UNHA EXPOSICIÓN.
    CONVIDÁRONNOS E ALÁ FOMOS...