14 diciembre 2013

CARTAS E TARXETAS DE NADAL

Esquecemos como remitir unha carta por correo tradicional.
Pensamos e anotamos o que precisamos para a nosa tarefa...
  
  • Carta ou tarxeta, niso estamos en Plástica e Lingua.
  • Sobre e selo. Averiguaremos onde mercarlos e o prezo.
No sobre debemos diferenciar entre remitente e destinataria ou destinatario.
Remitente é a persoa que remite a carta.
Destinataria/o é a persoa que ten que recibir a carta.
Para cumprimentar correctamente o sobre hai que:
  • Poñer todos os datos (remitente, destinataria/o e selo).
  • Incluír os datos completos de remitente e destinataria/o. 
  • O selo non pode tapar os datos do sobre.
En España os datos do remitente habitualmente póñense detrás, pero tamén é válido poñelos diante á esquerda.
INTERCAMBIO INTERCLASE
Revisamos os nosos enderezos como remitentes...desvelamos a sorpresa das nosas destinatarias e dos nosos destinatarios
A QUEN REMITIREMOS AS NOSAS FELICITACIÓNS?
Fixemos un divertido sorteo e intercambiamos enderezos coas amigas e cos amigos doutro terceiro.
Preparamos con ilusión as nosas tarxetas dedicadas.
A continuación, a reportaxe gráfica:

Todo preparado...falta buscar unha caixa de correos ou unha oficina postal onde deixar os nosos correos.

*Adiviña, adiviñanza: Que personaxe enredante e viaxeira está xogando dentro do sobre? Se o sabes apunta a resposta nos comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario