28 octubre 2013

UNHA CURIOSIDADE NA VENTÁ

Hoxe, a golpe de luns, ás 9 da mañá, atopámonos cunha situación que nos causou moita curiosidade: Observamos o que parecía unha  couza de gran tamaño atrapada nunha tea de araña e cando xa estabamos animadas e animados polo descubrimento...sorpresa...apareceu a dona da tea, unha araña de importante tamaño, que foi directa "zamparse" á súa presa...case sen tempo, fomos quen de localizar unha cámara para inmortalizar o momento, asi poidemos rexistralo minutos despois:
araña e couza desapareceron en pouco tempo e as preguntas comezaron a saír:
-Que tipo de bichos son?
-Como fan as teas de araña?
-De que se alimentan as arañas?
-Como capturan as súas presas?
Agora que levamos moito aprendido sobre langostas, xa estamos preparadas e preparados para averiguar algunha cousiña sobre as ARAÑAS.

EL RAP DE LOS ARÁCNIDOS

1 comentario:

  1. Vaya marcha co rap das arañas, asi calquera aprende que son os arácnidos jiji

    ResponderEliminar