30 octubre 2013

XOGOS E LIBROS DAS NOSAS AVOAS E DOS NOSOS AVÓS

Hai uns días, despois da proposta chegada desde o EDL sobre xogos e xoguetes en colaboración coas familias, o noso compañeiro Samuel foi á casa do seu avó en Melide e atopou uns libros moi antigos.
Trátase dunha enciclopedia, un texto escolar e unha axenda de mestre - onde aparecían xogos que gozaban as nenas e os nenos daquela época -.
Comentounos de cando databan os libros e asi puidemos calcular os anos que tiñan...outra vez as "mates" por medio...
Tamén reparou na explicación do xogo das antorchas. Fixemos copias e repartímolas entre as dúas clases para ler e comentar...buscaremos un tempo para practicalos.

COMEZA UNHA GRANDE VIAXE AO REDOR DO MUNDO

Hoxe iniciamos a lectura dun libro moi entretido que nos irá contando as aventuras da formiga Miga por distintos países  ao redor do mundo... Buscamos gozar coa súa lectura e aprender moitas cousas que iremos compartindo.

28 octubre 2013

UNHA CURIOSIDADE NA VENTÁ

Hoxe, a golpe de luns, ás 9 da mañá, atopámonos cunha situación que nos causou moita curiosidade: Observamos o que parecía unha  couza de gran tamaño atrapada nunha tea de araña e cando xa estabamos animadas e animados polo descubrimento...sorpresa...apareceu a dona da tea, unha araña de importante tamaño, que foi directa "zamparse" á súa presa...case sen tempo, fomos quen de localizar unha cámara para inmortalizar o momento, asi poidemos rexistralo minutos despois:
araña e couza desapareceron en pouco tempo e as preguntas comezaron a saír:
-Que tipo de bichos son?
-Como fan as teas de araña?
-De que se alimentan as arañas?
-Como capturan as súas presas?
Agora que levamos moito aprendido sobre langostas, xa estamos preparadas e preparados para averiguar algunha cousiña sobre as ARAÑAS.

EL RAP DE LOS ARÁCNIDOS

27 octubre 2013

EXPOSICIÓN DE CABAZAS - HALLOWEEN

Un ano máis, a proposta das "teachers" de Inglés, nos corredores do cole poden verse vistosas cabazas que anuncian a proximidade dunha celebración...
A continuación, podedes admirar algunhas das cabazas do alumnado de terceiro:

25 octubre 2013

XA SABEMOS QUEN NOS MANDOU AS TARXETAS!

POR FIN HOXE DESVELOUSE O MISTERIO...
XA SABEMOS QUEN REMITÍU AS TARXETAS!
OGALLÁ QUE NOS MANDE MÁIS.

ANTÍO E LAMPI COINCIDEN COAS SÚAS CARTAS

ANTÍO XA ESTÁ NO COLEXIO FACÉNDONOS LEMBRAR O QUE SABEMOS DO OUTONO E DO MAGOSTO. REPASAMOS BEN TODO PARA PODERLLE FACER UN CONTO EN CONDICIÓNS.
O CONTO COMEZOU EN INFANTIL DE TRES ANOS E ESTAMOS A AGARDAR A QUE NOS CHEGUE PARA CONTINUALO... DE QUE FALARÁ? QUEN SERÁ O PROTAGONISTA?

LAMPI, POLA SÚA PARTE TAMÉN NOS MANDOU UNHA CARTA, ESTÁ DE CELEBRACIÓN, FOI O SEU DÍA O 24. AGASALLOUNOS CUN CONTIÑO ("O CLARO DO BOSQUE) E CUN TEXTO INSTRUTIVO... UN EXPERIMENTO! IMOS VER SE NOS SAE... DE SER ASÍ IMOS POÑER FOTOS.
 CON LAMPI IMOS APRENDER COMO SE COLOCAN OS LIBROS NA BIBLIOTECA E QUE É ISO DO CDU.

14 octubre 2013

MÁIS INFORMACIÓN DA LANGOSTA

Hoxe na pantalla da clase vimos un pequeno vídeo con informacións moi curiosas e impresionantes imaxes, que pedimos reproducir no noso blog para podelas mostrar ás nosas familias: