16 febrero 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Hoxe participamos co resto de alumnado do cole nas actividades programadas para celebrar o DÍA DA PAZ.
Despois de traballar na última quincena sobre o acoso escolar preparamos a nosa pancarta co lema "O COMPAÑEIRISMO SUMA, O ACOSO RESTA" chea de mans coas nosas reflexións.
Manuel e Gabriel de 3º A e Andrea e Sandra de 3ºB representaron as súas clases para portar a pancarta e xustificar a elección do lema que poderemos ver nun video:


Tamén traballamos un texto informativo sobre o acoso escolar do que fixemos un mapa mental que xa vos poñeremos por aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario