23 marzo 2015

STAR TRIP


Dentro dos espectáculos promovidos pola organización do Salón do Libro está tamén o teatro. Este ano  con temáticas relacionadas coa ciencia ficción. 
Os grupos de 4º asistimos a presentación da obra "Star Trip" do grupo Yllana, espectáculo que transportounos a un mundo alucinante e absurdo de ciencia ficción no espazo. Humor negro, mímica, linguaxe universal e sen palabras cunha destacada banda sonora.
Os protagonistas de Star Trip son catro intrépidos astronautas que levan 50 anos hibernando dentro dunha nave espacial que vaga polo espazo, e que ten por misión buscar vida intelixente no universo para, unha vez atopada, eliminala.
O espectáculo comeza co despertar da tripulación. A súa loita por dominar unha nave con vida propia, o día a día nela, e os diferentes mundos cos que van colisionando son obxecto desta viaxe.

10 marzo 2015

ENTROIDO 2015



O pasado 27 de xaneiro de 2015 aparece nas noticias de prensa unha información que causa a nosa curiosidade.

Traballamos o artigo do xornal, buscamos máis infomación e pensamos aproveitar o asunto para o noso entroido. 
Verdade e ciencia-ficción, todo en un.
Seríamos habitantes do sistema Kepler 444 e como a información fala de cinco planetas, eleximos cinco modelos de alíeníxenas: extraterrestres de Kepler 444-b, Kepler 444-c, Kepler 444-d, Kepler 444-e e Kepler 444-f.
Agora estamos desexando que chegue o gran día para sorprender as nosas familias e compañeiras e compañeiros do cole.

 A profe Lola axudounos a buscar unha música axeitada para o desfile. Que mellor que a ritmo da banda sonora da Guerra das Galaxias (Star Wars)
Este é parte da reportaxe gráfica do noso entroido, temos máis fotos espalladas nos diferentes blogs do centro:

04 marzo 2015

UNIDADES DE LONXITUDE

-Concepto de unidades de medida.
-O metro.Múltiplos e divisores.
-Cambios de unidades de medida.

Clicando na seguinte imaxe podemos ver unha presentación que resume o que traballamos estes días en Matemáticas:


https://www.youtube.com/watch?v=BCAtgJgjYyc#t=113

03 marzo 2015

ONTE FOMOS AO SALÓN DO LIBRO

As nenas e os nenos de 4º e tamén de 2º, fomos ao salón do libro.
Alí asistimos a obradoiros e fixemos unha visita pola exposición onde puidemos ver os traballos que fixeramos no colexio.


23 febrero 2015

ANA ALONSO VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Este trimestre estamos traballando co libro "El palacio subterráneo", historia moi entretida. Hoxe, por xentileza da editorial Anaya,  tivemos a gran sorte de gozar coa visita da súa autora Ana Alonso que nos explicou como comezou a escribir, comentou a obra e fíxonos partícipes de moitas anécdotas.
Ao rematar a súa intervención e despois dun tempiño de preguntas asinou todos os nosos libros e tamén o libro de visitas da biblioteca de Lampi.

08 febrero 2015

O ENTROIDO ESTÁ CHEGANDO

 O ENTROIDO ESTE ANO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
CIENCIA E FICCIÓN... MOI ADECUADO O NOSO DISFRACE PARA ISO. ANDAMOS COAS CARAUTAS... DÁ MEDO VELAS!
 PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL,  LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS LADAÍÑAS", PARA CANTARLLAS AO GALO CANDO SE VAIA QUEIMAR...
POR CERTO, VILAVERDIÑO  INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... ARGALLARÁ ALGO? ESTE GALO SEGURO QUE SAIRÁ CON ALGUNHA SORPRESA...

18 enero 2015

TRABALLAMOS AO REDOR DA PAZ

RIGOBERTA MENCHÚ, PREMIO NOBEL DA PAZ, DI QUE:




NÓS PODEMOS CONTRIBUÍR Á PAZ.
ASÍ QUE IMOS, EN EQUIPOS COOPERATIVOS, ATOPAR FÓRMULAS PARA CONTRIBUÍR Á PAZ E RECOLLELAS NUN DOMIINÓ.
DURANTE ESTES DÍAS IMOS REFLEXIONAR  E ELABORAR ACTIVIDADES DE DIFERENTES ÁREAS AO REDOR DA PAZ.