Este trimestre estamos traballando co libro "El palacio subterráneo", historia moi entretida. Hoxe, por xentileza da editorial Anaya, tivemos a gran sorte de gozar coa visita da súa autora Ana Alonso que nos explicou como comezou a escribir, comentou a obra e fíxonos partícipes de moitas anécdotas.
Ao rematar a súa intervención e despois dun tempiño de preguntas asinou todos os nosos libros e tamén o libro de visitas da biblioteca de Lampi.
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 6º DO CEIP VILAVERDE, ONDE AS SÚAS MASCOTAS DENDE PRIMEIRO VEÑEN COMENTANDO AS SÚAS DÚBIDAS,PÁXINAS FAVORITAS, APRENDIZAXES, XOGOS, TAREFAS, NOVAS,... E ADEMAIS VAN POÑENDO FOTOS,...
23 febrero 2015
08 febrero 2015
O ENTROIDO ESTÁ CHEGANDO
O ENTROIDO ESTE ANO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
CIENCIA E FICCIÓN... MOI ADECUADO O NOSO DISFRACE PARA ISO. ANDAMOS COAS CARAUTAS... DÁ MEDO VELAS!
PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL, LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS LADAÍÑAS", PARA CANTARLLAS AO GALO CANDO SE VAIA QUEIMAR...
POR CERTO, VILAVERDIÑO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... ARGALLARÁ ALGO? ESTE GALO SEGURO QUE SAIRÁ CON ALGUNHA SORPRESA...
CIENCIA E FICCIÓN... MOI ADECUADO O NOSO DISFRACE PARA ISO. ANDAMOS COAS CARAUTAS... DÁ MEDO VELAS!
PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL, LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS LADAÍÑAS", PARA CANTARLLAS AO GALO CANDO SE VAIA QUEIMAR...
POR CERTO, VILAVERDIÑO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... ARGALLARÁ ALGO? ESTE GALO SEGURO QUE SAIRÁ CON ALGUNHA SORPRESA...
18 enero 2015
TRABALLAMOS AO REDOR DA PAZ
RIGOBERTA MENCHÚ, PREMIO NOBEL DA PAZ, DI QUE:

NÓS PODEMOS CONTRIBUÍR Á PAZ.
ASÍ QUE IMOS, EN EQUIPOS COOPERATIVOS, ATOPAR FÓRMULAS PARA CONTRIBUÍR Á PAZ E RECOLLELAS NUN DOMIINÓ.
DURANTE ESTES DÍAS IMOS REFLEXIONAR E ELABORAR ACTIVIDADES DE DIFERENTES ÁREAS AO REDOR DA PAZ.

NÓS PODEMOS CONTRIBUÍR Á PAZ.
ASÍ QUE IMOS, EN EQUIPOS COOPERATIVOS, ATOPAR FÓRMULAS PARA CONTRIBUÍR Á PAZ E RECOLLELAS NUN DOMIINÓ.
DURANTE ESTES DÍAS IMOS REFLEXIONAR E ELABORAR ACTIVIDADES DE DIFERENTES ÁREAS AO REDOR DA PAZ.
26 noviembre 2014
O TEMPO ATMOSFÉRICO
Na atmosfera prodúcense todos os fenómenos que determinan o TEMPO ATMOSFÉRICO. Estamos recabando moita información: fotos, libros, noticias, símbolos, mapas, instrumentos metereolóxicos, predicións...Facemos esquemas e resumos.
Atopamos un pequeno video que usamos de presentación:
Video sobre metereoloxía.
Tamén enganchamos algúns dos videos que máis curiosidades nos causaron relacionadas coa atmosfera e os fenómeros atmosféricos:
![]() | |||||
| Estructura da atmosfera |
24 noviembre 2014
23 de NOVEMBRO: día INTERNACIONAL da PALABRA
Onte, 23 de novembro conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA, iniciativa da FUNDACION CESAR EGIDO SERRANO, que consciente da
necesidade do diálogo, como ferramenta fundamental para eliminar toda violencia,
desexa concienciar a toda a sociedade de que é a palabra o único camiño cara a unha paz
duradeira entre os pobos, sen discriminación de ideas políticas ou relixiosas.
Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-.
As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días. Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación, compartir, axudar, colaborar...
Mafalda deixou na clase unha postal para que lle axudemos a inventar palabras novas -non chega coas recentes palabras incorporadas no Dicionario da RAE- e proponnos que, xa que traballamos con prefixos e cores, inventemos novas palabras como agasallo á nosa biblioteca...e con esas estamos...
20 noviembre 2014
FORZA 3 NO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
Hoxe, día 20 de novembro, celebramos o DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS dunha maneira moi especial:
Unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística cuns obradoiros de Lingua Forza 3 ofertados polo Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL.
Tres doutoras do departamento físico e lingüístico da "universidade" Xandobela pasaron polo ximnasio do noso cole para advertir da presenza dun brote de virus moi infeccioso que ataca aos músculos e ao idioma galego, chámase "virus lingüísticus". O alumnado de cuarto de primaria someteuse a unha serie de probas de habilidade, de resistencia e de velocidade, tanto físicas como mentais para saber se estaba contaxiado ou non.
Houbo xogos tradicionais, adiviñas, trabalinguas, traballo en equipo...todo o necesario para demostrar a súa fortaleza co uso do idioma como ferramenta necesaria e fundamental.
As imaxes demostran a participación de todo o alumnado que gozou moitísimo desta experiencia:
18 noviembre 2014
A LÚA E AS MAREAS
Clicando sobre a imaxe podemos visionar un interesante video explicativo de como se producen as mareas por influencia da Lúa.
As mareas son o resultado de tres interaccións importantes:
-Atracción da Lúa
-Atracción do Sol
-Rotación da Terra
Terra e Lúa atráense mutuamente, é a atracción gravitacional, pero o punto máis alonxado da Terra é menos atraído co punto máis cercano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









