20 mayo 2015

19 mayo 2015

LEMBRADES QUE ESTABAMOS PRESENTANDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS?

HAI VARIAS SEMANAS QUE COMEZAMOS A PRESENTAR Á CLASE OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
AGORA QUEREMOS PRESENTÁRVOLOS A VÓS.
VELAQUÍ A NOSA PRESENTACIÓN COLECTIVA,
ÁNIMO! A LELOS TODOS!


08 mayo 2015

TRABALLAMOS AO REDOR DE FILGUEIRA VALVERDE

FILGUEIRA VALVERDE É PONTEVEDRÉS.
ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE A SÚA VIDA E A SÚA OBRA.
CON TODO O INVESTIGADO ELABORAREMOS UN MURAL CO RESTO DO COLEXIO.

ADEMAIS ELABORAMOS POEMAS PARA O CERTAME DE POESÍAS DO COLE... NUNS DÍAS TEREMOS AS LECTURAS.

AH! ESQUECÍA DICIRVOS QUE TAMÉN ESTE ANO TEREMOS UNHA ACTUACIÓN PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

06 mayo 2015

EDUCACIÓN VIARIA NO COLE


A semana do 4 ao 10 de maio conmemórase a III SEMANA MUNDIAL PARA A SEGURIDADE VIAL promovida pola ONU. Esta campaña vai dirixida á protección das nenas e dos nenos e busca mellorar a seguridade de todas e todos nós. Desde o cole e coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico temos previstas varias actividades para mellorar a nosa educación viaria: comportamento na vía pública como peóns e como conductoras e conductores de vehículos (bicis, karts), medidas de seguridade, normas de circulación e sinais de tráfico...

Participamos nunha charla formativa na biblioteca do centro, un circuito de karts montado no patio para practicar e unha sesión na aula de informática para traballar cuns xogos de educación vial.

Mércores 6 de maio. GRUPO DE 4ºA 

Xoves 7 de maio. GRUPO DE 4ºB

30 abril 2015

MUSEO MEIRANDE

Tamén visitamos o Museo Meirande, preto da ponte de Rande, na ensenada de S. Simón. Este pequeno museo é  centro de interpretación da Batalla de Rande de 1702 e do patrimonio industrial, está construído sobre unha antiga conserveira  situada a  12 metros dun dos pecios afundidos neste histórico combate no que participaron catro nacións europeas (España, Francia, Inglaterra y Holanda) na Guerra de Sucesión española (1701-1713).
Gozamos da súa fermosa localización exterior a pesar do día nuboso e comentamos con sorpresa que ben víamos a ponte e que diferente a pasala pola autoestrada.
Xa no museo e acompañados do "Capitán Jacobo", guía moi simpático que rapidamente sintonizou con todo o mundo, observamos varias maquetas dos galeóns da época e reproduccións dos camarotes e cañóns para poder imaxinar como eran "as cousas" por aquel tempo...
Sobre a existencia ou non de tesouros, falaba tamén a novela de Julio Verne "Vinte mil leguas de viaxe submariña", a versión histórica di cos metais preciosos foron descargados antes do ataque naval e foron enviados a Lugo en carros de bois. A saber!!!
Asi que falamos tamén de América, das mercancías de ultramar, tesouros, piratas, submarinismo...e o do comandante Cousteau.
Rematamos co visionado dun corto sobre a Batalla de Rande que recrea o asalto e a queima dos navíos en Rande.
O tempo chegounos a pouco, o autobús esperaba para voltar ao cole e agora quedan os recordos dunha visita moi interesante: