Comezamos este curso cunha carta que falaba entre outras cousas da CIENCIA FICCIÓN, asi achegámonos á figura do escritor JULIO VERNE e as súas obras.
Hai uns días, a profe chegou con dúas fotos que deron moito que falar: eran monumentos, estaban preto da auga ou do mar...tiñamos unhas pistiñas: preto de Pontevedra, non máis de 50 Km., noutra ría próxima da nosa...había que seguir buscando e pedindo axuda.
Sabemos xa que a primeira das fotos corresponde a unha estatua de Julio Verne que está diante do Club Naútico de Vigo. Por que un polbo coa imaxe do autor? Por que en Vigo? Quen a fixo e cando se instalou?
Seguiu a investigación...
A segunda foto averiguamos que está na praia de Cesantes, cerca da illa de San Simón, no concello de Redondela e na ría de Vigo. A estatua sería tamén Julio Verne? E os buzos?
Un compañeiro fixo unha excursión coa súa familia ata alí, pero a marea deixaba ver unicamente a cabeza dun buzo...e xa temos máis preguntas:
Por que hai mareas? Que representará este monumento? Quen o fixo e cando se instalou?
Seguiu a investigación...
Puxemos as nosas investigacións en común: houbo anotacións, máis fotos, libros, enlaces de webs...e comezamos a ordenar toda a información.
Agora temos un mapa mental coa información atopada sobre Julio Verne, moitos libros, algunha película e máis curiosidades.
E dúas novas propostas: ler 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA impacientes por chegar ao capítulo A BAHÍA DE VIGO e ver unha versión da obra en película. Cando? Onde? Dámoslle voltas ao asunto.
Isto da CIENCIA FICCIÓN é motivo de moitos e variados intereses.
E dúas novas propostas: ler 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA impacientes por chegar ao capítulo A BAHÍA DE VIGO e ver unha versión da obra en película. Cando? Onde? Dámoslle voltas ao asunto.
Isto da CIENCIA FICCIÓN é motivo de moitos e variados intereses.
Seguiremos informando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario