Hoxe, día 20 de novembro, celebramos o DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS dunha maneira moi especial:
Unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística cuns obradoiros de Lingua Forza 3 ofertados polo Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL.
Tres doutoras do departamento físico e lingüístico da "universidade" Xandobela pasaron polo ximnasio do noso cole para advertir da presenza dun brote de virus moi infeccioso que ataca aos músculos e ao idioma galego, chámase "virus lingüísticus". O alumnado de cuarto de primaria someteuse a unha serie de probas de habilidade, de resistencia e de velocidade, tanto físicas como mentais para saber se estaba contaxiado ou non.
Houbo xogos tradicionais, adiviñas, trabalinguas, traballo en equipo...todo o necesario para demostrar a súa fortaleza co uso do idioma como ferramenta necesaria e fundamental.
As imaxes demostran a participación de todo o alumnado que gozou moitísimo desta experiencia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario