Onte, 23 de novembro conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA, iniciativa da FUNDACION CESAR EGIDO SERRANO, que consciente da
necesidade do diálogo, como ferramenta fundamental para eliminar toda violencia,
desexa concienciar a toda a sociedade de que é a palabra o único camiño cara a unha paz
duradeira entre os pobos, sen discriminación de ideas políticas ou relixiosas.
Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-.
As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días. Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación, compartir, axudar, colaborar...
Mafalda deixou na clase unha postal para que lle axudemos a inventar palabras novas -non chega coas recentes palabras incorporadas no Dicionario da RAE- e proponnos que, xa que traballamos con prefixos e cores, inventemos novas palabras como agasallo á nosa biblioteca...e con esas estamos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario