Estes días que traballamos XEOGRAFÍA atopamos un atlas interactivo cos territorios
de América, España e Portugal. Está elaborado polo Ministerio de
Fomento en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional.
É unha aplicación dixital, dividida en catro módulos de
estudo: o Universo, a Terra, Cartografía e o teu país.
En cada un destes módulos podemos traballar diferentes contidos e navegar para averiguar máis información de cada un dos apartados.
No módulo de CARTOGRAFÍA, por exemplo, pódese traballar coas escalas dun mapa, os tipos
de mapa que existen, o funcionamento dos GPS e o mesmo tempo traballar e xogar coa información.
Estes días interésanos a organización territorial, que está no módulo 4. Eleximos
un mapa dixital o un territorio do que queiramos obter máis información, por exemplo España, e aparecerá unha ventá como a da imaxe con datos sobre o clima, a poboación, o relevo, o medio natural...
ANIMÁDEVOS A NAVEGAR CON ESTE ATLAS INTERACTIVO
No hay comentarios:
Publicar un comentario