LAMPI, mascota da nosa BIBLIOTECA, está feliz porque hoxe celébrase O DÍA DA BIBLIOTECA.
Esta iniciativa naceu no ano 1997 para trasladar á opinión pública a importancia
da biblioteca como lugar de encontro de lectoras e lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e a convivencia.
Na porta da nosa biblioteca unha imaxe de MAFALDA anunciaba desde hai días o acontecemento.
MAFALDA tamén está de celebración porque cúmprese o 50 aniversario da aparición da súa primeira tira cómica. Ademais ao seu autor, Joaquín Salvador Lavado, coñecido como QUINO concedéronlle este ano o PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA COMUNICACIÓN E HUMANIDADES.
Nas nosas clases apareceron unhas tiras cómicas con MAFALDA e unha invitación para visitar a nosa biblioteca e buscar máis...Algún das nosas compañeiras e compañeiros atoparon información nas súas casas (libros, películas, entrevistas, fotos...) e anímanse a compartilas co resto do alumnado.
Clicando na seguinte imaxe poderedes ver a presentación que traballamos no cole:
No hay comentarios:
Publicar un comentario