Hoxe na clase de coñecemento do medio seguimos traballando os tipos de alimentos pola súa orixe. A continuación organizados e organizadas por equipos "saímos" de compras coas seguintes consignas:
-Organizarnos por equipo-mesa.
-Escoller a compra que imos realizar entre os folletos publicitarios de supermercados que temos recollidos:
O equipo Nº1 (Textos): Escoller dous produtos de orixe animal.
O equipo Nº2 (Océanos): Escoller tres produtos de orixe vexetal.
O equipo Nº3 (Capitais europeas): Escoller un produto de orixe animal e outro de orixe vexetal.
O equipo Nº4 (Corpos xeométricos): Escoller un produto de orixe animal e outro de orixe mineral.
O equipo Nº5 (Animais vertebrados): Escoller un produto de orixe vexetal e outro de orixe mineral.
O equipo Nº6 (Relevo): Escoller tres produtos, un de cada tipo.
Tesoiras en man, houbo que consensuar, a elección foi rápida. Entre os produtos de orixe mineral non había moita variedade...
-Decidir os cartos que precisabamos para pagar e anotalo.
A profe emprestounos os cartos que lle solicitamos, pero agora temos que...
-Facer contas e devolver o que sobrou.
A resolución da tarefa deu lugar a moitas situacións problemáticas que se tiveron que resolver, presentou moitas dúbidas e deu lugar a reflexións, estimacións, busca de estratexias,...
Producíronse solucións xeniais, hipóteses e anéctodas. A destacar entre outras moitas anécdotas, todas elas motivo de reflexión do grupo:
* Houbo que ver os ingredientes da "ensalada" para incluila como produto de orixe vexetal...cantas ensaladas podemos facer con atún, anacos de queixo, embutido...
* Nun grupo houbo que decidir cantos packs de auga se collían porque o prezo era diferente segundo o número adquirido.
* A maioría dos grupos adoptaron como estratexia sumar euros por un lado e céntimos por outro (e non falamos de decimais...) porque os produtos, claro, non tiñan o prezo xusto...
* Dous grupos insistían na cantidade xusta de euros e céntimos, querían evitar voltas...pero na carteira non sempre temos xusto... e o empréstito de cartos tiña que ser co que había...
Cada equipo redactará o seu propio problema e ademais explicará ao resto da clase como puido resolvelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario